Juan Muíños Iglesias
Biografía | |
---|---|
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Falange Española |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Muíños Iglesias, nado en Redondela, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Juan Muíños Casal, dono do Hotel España de Redondela. Foi o fundador da delegación da Falange Española en Redondela. Participu na Guerra Civil Española como voluntario da 2ª Bandeira de FE de Pontevedra, e posteriormente como oficial. Ostentou o cargo de alcalde de Redondela, ao que accedeu o 29 de xaneiro de 1940, sucedendo ao anterior alcalde, Cándido Martínez Esteiro. Tres anos despois, en 1943, sucedíao na alcaldía Raúl Carlos Gunche López. En 1951 volveu a acceder á alcaldía, na que se mantería até 1966, cando Pedro Otero Rey o sucedeu. Tamén foi deputado provincial. Despois foi delegado do Instituto Social da Mariña en Redondela.
Recibiu varias condecoracións pola súa participación na “Guerra de liberación”. Tamén recibiu a Cruz de Caballero de Cisneros polos “servizos prestados á causa”.[1]
No seu mandato destacou polo intento de privatización da praia de Cesantes.[2]
Predecesor: Cándido Martínez Esteiro |
Alcalde de Redondela 1940 - 1943 |
Sucesor: Raúl Carlos Gunche López |
Predecesor: Francisco Cunqueiro Montenegro |
Alcalde de Redondela 1951 - 1966 |
Sucesor: Pedro Otero Rey |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anecdotario Redondelán (ed.). "Alcaldes de Redondela". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 2 de xaneiro de 2015.
- ↑ Anecdotario Redondelán (ed.). "Partidos políticos de Redondela.". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2015.