Pescanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pescanova Alimentación S. A.
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1960
Localización Rúa José Fernández López, s/n Chapela, Redondela 36320 Pontevedra
Persoas clave Manuel Fernández de Sousa-Faro (presidente)
Industria alimentación
Produtos Pescado e marisco conxelados
Número de empregados 3.399 [1]
Páxina web www.pescanova.es

Pescanova é unha empresa pesqueira galega con sede en Chapela, Redondela. O porto de Vigo é a súa base de operacións.

Índice

[editar] Historia

Pescanova foi fundada en 1960 en Vigo por Xosé Fernández López. Desde os seus inicios desenvolveu unha tecnoloxía avanzada para o proceso completo de manufacturación de peixe mediante o uso de grandes barcos conxeladores que procesaban e ultraconxelaban as capturas a bordo do propio barco. Esta innovación constituíu unha revolución no sector do peixe ultraconxelado, e permitiulle á empresa medrar grandemente e posicionarse como líder indiscutible do mercado nacional e internacional.

En 1980 Manuel Fernández de Sousa-Faro, fillo do fundador accedeu á presidencia, e iniciou un proceso de reestruturación da firma. En 1985 comezou a cotizar na Bolsa de Madrid. Na actualidade Pescanova é unha multinacional líder no sector de produtos ultraconxelados, e conta cunha destacable presenza en medio mundo, con filiais en países como Portugal, Francia ou Italia e plantas en Namibia ou Honduras.

O márketing de Pescanova estivo sempre ligado a unha imaxe de marca moi familiar e que ofrece produtos de cualidade e confianza. Destacou a repercusión social do slogan O bo sabe ben aínda en uso, ou personaxes empregados en campañas publicitarias como "Rodolfo Langostino" (anos 80) ou o "Capitán Pescanova" (a finais dos 90). A comezos do século XXI abriu en Vigo o primeiro restaurante de comida rápida especializado en peixe.

Instalacións en Redondela.

[editar] Estrutura

Hoxe en día o grupo Pescanova está formado por un conglomerado de empresas dedicadas á captura, procesado, elaboración e distribución de produtos do mar, precociñados, pratos preparados e ultraconxelados. Empresas do grupo Pescanova son Pescanova Alimentación, S.A. (comercialización dos produtos Pescanova), Friser (distribución de ultraconxelados a domicilio), Cofrío (produtos conxelados para maioristas), Frinova (elaboración de produtos fritidos ultraconxelados) e Caternova (cátering para restauración).

[editar] Notas

  1. "Con presenza de empresas pertencentes ao grupo en 21 países. A súa flota pesqueira é aproximadamente de 120 barcos e conta cun total de 3.399 empregados." en Pescanova.com

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas