Pedro Otero Sestelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Redondela, España |
Morte | 5 de decembro de 1936 Redondela, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Pedro Otero Rey |
Pai | Pedro Otero Milleiro |
Pedro Otero Sestelo, nado en Redondela e finado na mesma vila o 5 de decembro de 1936[1], foi un farmacéutico e político galego
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Pedro Otero Milleiro. Foi elixido alcalde de Redondela en abril de 1931 e dimitiu do cargo en agosto de 1932 ao ser nomeado farmacéutico municipal. Foi nomeado xestor da Deputación de Pontevedra en xuño de 1931 e volveu ser nomeado xestor da Deputación en febreiro de 1934. Foi o presidente fundador do equipo de fútbol Redondela F. C.
Predecesor: Luís Pereira Míguez |
Alcalde de Redondela 1931 - 1932 |
Sucesor: Florencio Soto López |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Carmen Rey Belle e foi pai de Pedro Otero Rey.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-12-1936, p. 9.