Ribadumia
| Ribadumia | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | ribadumiense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Comarca | Comarca do Salnés |
| Poboación | 4874 hab. (2009) |
| Área | 19,7 km² |
| Densidade | 247,41 hab./km² |
| Entidades de poboación | 34 |
| Capital do concello | Ribadumia |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Salomé Peña (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais en Ribadumia | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,16% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.ribadumia.org/ | |
Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2009 tiña 4.874 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadumiense».
Índice |
Xeografía [editar]
En consonancia coas terras que o rodean, o relevo de Ribadumia caracterízase polo dominio da planicie, unicamente alterada en áreas montañosas, de baixa altitude. O termo incluído no val do Salnés, debe a súa orixe á combinación dunha dobre influencia tectónica e a erosión diferencial. Desta forma pódense distinguir dous bloques constitutivos fundamentais: o val do Umia e unha serie de montes que, con dirección de nordeste a suroeste, define o interfluvio deste río con Fonte Espiña, con pendentes pouco pronunciadas
Demografía [editar]
Os censos rexistrados dende 1900 ata a actualidade ratifican o crecemento experimentado por Ribadumia. A poboación que sinala o último padrón municipal (2007) ascende a 4.658 persoas, cun aumento moi significativo respecto ós 3.057 que había a comezos do século XX. A evolución, lenta pero positiva, dos seus efectivos foi case constante, coa excepción daqueles momentos nos que a emigración lle afectou á maior parte do rural galego. Neste censo, non se notaron tanto os efectos das primeiras vagas con rumbo a ultramar como os daquelas que tiveron como destino as cidades máis industrializadas do ámbito galego, español e europeo. Precisamente a elas corresponden as inflexións rexistradas nos períodos 1900-10 (de 1.057 a 1.006), 1950-60 (de 3.697 a 3.441) e 1981-91 (de 4027 a 3656), aínda que esta última é maiormente atribuíble á redución da natalidade.
O crecemento natural, que era do 0,56% en 1987, comezou a cambiar de signo a finais dos 80, camiño da cifra que sitúa este indicador cun símbolo negativo (-0,22%)
| Censo Total (Habitantes) | 5.166 |
| Menores de 15 anos | 821 (15.89 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 3.351 (64.87 %) |
| Maiores de 65 anos | 994 (19.24 %) |
Poboación en 2007: 4.658 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes. Evolución da poboación entre 1900 e 2012:

Patrimonio [editar]
Pazos [editar]
O pazo de Barrantes é unha casa grande, construída orixinariamente entre finais do século XV e comezos do XVI, e que sufriu dous procesos de reconstrución. Na súa leira hai un grande hórreo e unha capela.
O pazo da Pedreira foi construído durante a segunda metade do século XV, e tamén sufriu varias reformas. Na fachada principal hai unha imaxe da Virxe da Anunciación. Tamén ten capela.
O pazo do Monte foi construído no século XVIII, e na actualidade está abandonado. Tamén ten capela de seu.
O pazo Quinteiro da Cruz é orixinario de finais do século XVIII. Ten un xardín de estilo inglés con gran diversidade ornamental e áreas de produción vitivinícola. A leira conta con fontes, cruceiros, piornos, reloxos de sol e un lavadoiro.
Igrexas [editar]
A igrexa de San André de Barrantes, orixinaria de comezos do século XIII, conserva algún elemento románico, pero sufriu unha importante remodelación na época barroca.
A igrexa de Santa María de Besomaño, tamén de orixe románica, foi reconstruída no século XVIII.
A igrexa de San Xoán de Leiro conserva unha fiestra con arco de ferradura do período prerrománico. Foi remodelada no século XVIII.
A igrexa de San Fiz de Lois ten a súa orixe no século XII, pero foi reconstruída no século XVIII.
A igrexa de Santa Baia de Ribadumia, de orixe románica, foi remodelada a comezos do século XIX.
A igrexa de San Clemezo de Sisán, construída no século XVI, foi ampliada e remodelada no século XVII.
Turismo [editar]
Desde 1972 celébrase a festa do viño tinto do Salnés. Desde 2002 celébrase no mes de agosto, a festa do pan do Salnés.
Ribadumia na cultura popular galega [editar]
- San Vicente de Padrenda/ ten unha rosa na man/ que lla mandou de regalo/ San Clemenzo de Sisán. [3]
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ribadumia.
-
Escola infantil de Sisán (Meaño)
-
Igrexa parroquial de Santa María de Besomaño
Parroquias [editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ribadumia | |
|---|---|
|
Barrantes (Santo André) | Besomaño (Santa María) | Leiro (San Xoán) | Lois (San Fins) | Ribadumia (Santa Baia) | Sisán (San Clemenzo) |
Lugares de Ribadumia [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadumia vexa: Lugares de Ribadumia.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ Padrenda é parroquia de Meaño pero con advocación a San Martiño. San Clemenzo de Sisán é parroquia de Ribadumia.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |