A Cañiza
| A Cañiza | |
|---|---|
| Casa do Concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | cañicense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Comarca | Paradanta |
| Poboación | 6.461 hab. (2011) |
| Área | 108,1 km² |
| Densidade | 61,87 hab./km² |
| Entidades de poboación | 9 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Miguel Domínguez Alfonso (PP) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 5 Outros: ACCA 1 |
| Eleccións municipais na Cañiza | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 95,8 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.caniza.org | |
A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2009 tiña 6.583 habitantes (6.719 en 2003). No ano 2004 había 108 estranxeiros no concello.
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cañicense».
| Evolución da poboación de A Cañiza - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 7.923 | 7.655 | 8.186 | 7.810 | 6.782 | 6.583 | 6.461 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
Índice |
[editar] Xeografía
Limita ao norte cos concellos de Covelo e Melón (este da provincia de Ourense), ao sur con Crecente, Arbo e As Neves, e ao oeste con Salvaterra de Miño, Mondariz e Covelo.
O seu relevo é accidentado, pois está situado entre unha zona de monte baixo da serra do Faro de Avión (situada ao norleste) e o val do río Deva (ao sur). A maior altitude acádase no Alto da Cruz (1.095 m).
A súa rede hidrográfica está formada polos ríos Uma (afluente do Tea), Ribadil e Deva (afluentes do Miño).
Climatoloxicamente está situada en transición entre o clima oceánico e o mediterráneo, segundo a zona.
[editar] Historia
Na zona habitou a tribo dos oestrimnios, que foron expulsados polos celtas. Da cultura megalítica quedan diversos restos, como os complexos rupestres de Laxiña das Cruces, Coto da Regueira do Valiño e Casiñas dos Mouros, os complexos megalíticos con gravados de Tomada de Estremadoiro e Coto da Vella, e os complexos megalíticos de Guntín, Aráns, Casiñas dos Mouros e A Cañiza.
Durante a Idade do Ferro o lugar estivo posiblemente habitado polos grovios. Daquela época quedan o castro de Grades, o castro de Monte Coto do Castro, o castro de Coto das Cavadas e o castro de Barreiros.
Logo da romanización as terras do concello foron enmarcadas no conventus Bracarensis. Na Idade Antiga, tralo I Concilio de Braga, as terras quedaron adscritas á diocese de Tui. O mosteiro da Franqueira posiblemente teña a súa orixe nunha ermida do século VI, da época de Martiño de Dumio.
No século IX, durante o reinado de Afonso II de Asturias, as terras do castelo de Sobroso, ao que pertencía o val de Achas, foron incluídas no reino de Galicia.
En 1056 Fernando I dá un privilexio do mosteiro da Franqueira, as súas terras e moradores ao abade Alvito e os monxes beneditinos. En 1147 Afonso VII outorga ao abade Odoario e aos monxes o dereito de coto. En 1293 a orde do Císter constrúe a igrexa de Santa María. Paio de Soutomaior, señor de Salvaterra, doou as terras dos cotos da Franqueira, O Cebreiro, Uma, Sendín e Pintelos, doazón que confirmaron Xoán I e Henrique III. O mosteiro desapareceu como tal en 1835, trala desamortización de Mendizábal.
A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en 1583. As primeiras edificacións foron canastros (que nesta zona reciben o nome de canizos) feitas polos veciños de Valeixe para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en 1790 o bispo de Tui, Domingo Fernández Angulo, erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en 1815.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Cañiza.
[editar] Parroquias
[editar] Lugares da Cañiza
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Cañiza vexa: Lugares da Cañiza.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Rodríguez Gómez, G. (coord.): A Cañiza. Pontevedra, 2002. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-8457-123-8.
| Concellos da Comarca da Paradanta | ||||
|---|---|---|---|---|
Arbo |
A Cañiza |
Covelo |
Crecente |
|
|
|||||