Arbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arbo
Escudo de Arbo
Autumn in Galicia 1. The way home.jpg
Situación
Situacion Arbo.PNG
Xentilicio[1]: arbense
Xeografía
Provincia: Provincia de Pontevedra
Comarca: Paradanta
Poboación: 3.741 hab. (2011)
Área: 42,9 km²
Densidade: 90,37 hab./km²
Entidades de poboación: 6 parroquias
Capital do concello: Arbo
Política (2011)
Alcalde: Xavier Simón Fernández (BNG)
Concelleiros: BNG: 3
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 0
Outros: A.I.AR. - 3
Eleccións municipais en Arbo
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 92,79 %
Sitio web oficial
http://www.concellodearbo.org/

Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2011 tiña 3.741 habitantes (4.121 en 2003). O seu xentilicio é arbense.

Índice

[editar] Xeografía

O concello está bañado polo río Miño. Limita con Melgaço (Portugal) e cos concellos das Neves, A Cañiza e Crecente.

[editar] Historia

No concello apareceu unha machada neolítica, en Cabeiras, conservada no museo de Pontevedra. En San Xoán de Arbo existe un petróglifo, preto do río Miño.

O documento escrito máis antigo sobre Arbo e as súas terras é a concesión dun privilexio por parte do rei Afonso VII, que fai ao mosteiro de Melón unha doazón deste territorio. Consérvanse numerosos documentos posteriores en relación con outros privilexios e doazóns do mesmo mosteiro.

O enclave xeográfico que ocupa a zona, fronte á vila de Melgaço á outra banda do río, provocou que se vise directa ou indirectamente afectada por diferentes conflitos bélicos. Así, durante os séculos XVI e XVII tivo lugar a guerra de sucesión trala separación de Portugal da Coroa española con Filipe IV. Xa no século XIX, durante a Guerra da Independencia, en febreiro de 1809 tivo lugar un enfrontamento entre as tropas francesas e os veciños do lugar, que non foron quen de defender a ponte de Mourentán, un paso importante.

[editar] Patrimonio

A ponte de Mourentán é unha construción de cachotería do século XVIII, con arco oxival e rasante alomado. Cruza o río Deva, e formaba parte do antigo camiño real que unía Ribadavia con Salvaterra de Miño e Tui. Ten un só van, cunha luz de 12,4 m. Atópase en bo estado de conservación.

[editar] Economía

Nos últimos anos, a súa poboación decreceu considerabelmente a pesar de que algúns sectores económicos creceron. O máis espectacular foi o caso do cultivo e comercio de viño. Adegas sonadas teñen a súa base aquí (As Laxas, Marqués de Vizhoja, Bodegas Eidosela,...). Grazas á boa calidade do clima, conseguiuse unha variedade de albariño de alta calidade, que pertence ao Consello Regulador das Rías Baixas. Outro sector de importancia é o turismo rural. Existen tres casas de hospedaxe e unha manchea de restaurantes, especializados na lamprea, produto estelar do concello, que lle dedica a súa festa principal no mes de abril.

Evolución da poboación de Arbo - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 5.267  5.245  6.442  5.037  4.018  3.877
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Arbo.

[editar] Lugares de Arbo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arbo vexa: Lugares de Arbo.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Arbo

Arbo (Santa María) | Barcela (San Xoán) | Cabeiras (San Sebastián) | Cequeliños (San Miguel) | Mourentán (San Cristovo) | Sela (Santa María)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca da Paradanta Comarca da Paradanta
Arbo
Arbo
A Cañiza
A Cañiza
Covelo
Covelo
Crecente
Crecente

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas