Ponte de Rande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°17′17.09″N 08°39′37.84″W / 42.2880806°N 8.6605111°W / 42.2880806; -8.6605111

Ponte de Rande
Puente de Rande.JPG
Río Ría de Vigo
Concello Redondela-Moaña
Provincia Pontevedra
Data 1978
Lonxitude 1.558 metros
Ancho
Gálibo
Tipo Tirante
Material Formigón (columnas)
e aceiro (taboleiro)

A ponte de Rande une Redondela coa Península do Morrazo. Na parte de Redondela a ponte comeza no barrio de Cabanas, parroquia de San Vicente de Trasmañó. Aínda que tradicionalmente está atribuída a Rande, a parroquia de Santo André de Cedeira tamén pertence a Redondela. Baseada nun proxecto de Fabrizio de Miranda, Florencio del Pozo e Alfredo Passaro e construída no 1978, é, cos seus 1.558 metros de lonxitude, os seus 401 metros de distancia entre os piares centrais e os 148 metros de altura dos mesmos, unha das pontes de tirantes mais longas do mundo e a máis longa da Península Ibérica, e no momento da súa inauguración era a ponte de máis de dous carrís máis longa do mundo.

Forma parte da Autoestrada do Atlántico e é un dos emblemas da Ría de Vigo e Galiza. Actualmente soporta un tráfico duns 50.000 vehículos ao día. Dende a súa apertura ao tráfico en 1981, xa pasaron por el 231 millóns de vehículos e o seu custo (3.658 millóns de pesetas) xa foi amortizado varias veces grazas ás peaxes. Por mor deste intenso tráfico está prevista a súa ampliación cun carril mais por sentido polo lado exterior da ponte, que serían exclusivos para o acceso ó Corredor do Morrazo[1].

Índice

[editar] Galería de imaxes

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Bibliografía

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas