Praia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Carnota (Lira).

Unha praia[1] é unha forma xeolóxica consistente na acumulación de sedimentos, por efecto da dinámica local das ondadas. Estes sedimentos son normalmente areas pero tamén hai praias de gravas ou grixos e de croios, seixos ou bolos, chamadas coídos. Existen moitas clases de praias podendo existir varios tipos sobre un mesmo banco de sedimentos, por mor a que nuns metros o tipo de rompente pode variar dando orixe a un tipo de praia distinta.

Unha praia fórmase cando as ondas e as correntes do mar propician a chegada de sedimento á beiramar. Logo unha praia fórmase baixo dous supostos: o primeiro, que a forma da costa sexa tal que haxa unha zona onde se deposite unha determinada cantidade de sedimento e que sexa estábel cos diferentes estados do clima marítimo. O segundo, que exista unha zona na que se ben o sedimento vaise perdendo por algures, haxa unha achega de sedimento por outro que o poida compensar. Unha vez que foron depositados os sedimentos, a praia é modelada segundo o tipo de rompente que lle afecta.

A praia é unha xeoforma dinámica pola cal está en permanente cambio, suxeita en todo momento a acción que cada onda, cada marea e cada temporal lle provoca, con grandes e importantes transportes de propio sedimento que a compoñen.

O termo "praia" tamén ten unha acepción a miúdo empregada nos textos de xeografía e xeoloxía para designar os bordos flutuantes de lagos salobres. Estes lagos salinos acostuman presentarse en cuncas endorreicas ou depresións de escasa profundidade onde a evaporación é moi intensa, polo que se van acumulando os sales, ao precipitarse, no fondo das mesmas.

A praia como hábitat[editar | editar a fonte]

Praia da Puntilla, no Porto de Santa María (Cádiz).

Unha praia é algunhas veces un contorno inestábel que expón as plantas e animais que o habitan a condicións sempre cambiantes. Porén, eses patróns cíclicos diarios e estacionais levan a numerosos organismos vexetais e animais, as fontes de alimentación e de sobrevivencia. Algúns pequenos animais furan na area e aliméntanse co material depositado polas ondas. Tamén moran caranguexos, insectos, e pequenos paxaros. As tartarugas de mar depositan os seus ovos nas praias. Os restos de animais mortos e algas depositadas na zona superior da praia e dunas fai posible a aparición dunha tímida vexetación composta por matas e outras flores.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]