Barro
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Barro | |
|---|---|
| Casa do Concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | barrés - barrense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Comarca | Comarca de Pontevedra |
| Poboación | 3668 hab. (2011) |
| Área | 37,6 km² |
| Densidade | 97,55 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Antonio Landín Eirín (PP) |
| Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 2 Outros: 0 |
| Eleccións municipais en Barro | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,15% |
| Páxina web oficial | |
| www.barro.es | |
Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2009 tiña 3.583 habitantes (1.772 homes e 1.811 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés - barrense.
| Evolución da poboación de Barro (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 5.267 | 5.245 | 6.442 | 4.975 | 3.380 | 3.583 | 3.668 | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
| Censo Total | 3.724 |
| Menores de 15 anos | 491 (13.18%) |
| Entre 15 e 64 anos | 2.408 (64.66%) |
| Maiores de 65 anos | 825 (22.15%) |
Índice |
Xeografía [editar]
Limita cos concellos de Meis, Portas, Moraña e Pontevedra.
Historia [editar]
Os primeiros restos humanos datan da cultura castrexa, atopados no castro Bandufe e Monte da Chan(Agudelo). Coa romanización a zona comezou a cobrar importancia, ao estar atravesada de norte a sur pola vía XIX (Aquis celenis) do itinerario de Antonino.
Dita vía é paralela ou similar á vía portuguesa do camiño de Santiago e á estrada N-550.
Segundo o censo de Floridablanca, durante o antigo réxime as parroquias do actual concello de Barro pertencían á xurisdición de Peñaflor, na provincia de Santiago.
Trala constitución española de 1812 e a demarcación dos concellos, Barro pertenceu ao municipio de Trasumia e ao partido xudicial de Caldas de Reis. En 1822, cando Galiza pasou a ter 4 provincias, seguiu existindo o concello de Trasumia.
Foi suprimido polo Decreto de Fernando VII do 1 de octubro de 1823, que retomaba a organización do Antigo Réxime. O 23 de xullo de 1835 dispúxose por real Decreto a formación de novos concellos. O 23 de agosto de 1835 propúxose a creación do concello de Barro, con sete parroquias e 2.459 habitantes. Unha vez constituída a Deputación de Pontevedra, o 22 de xuño de 1836 propuxo que o concello de Barro tivese seis parroquias, pasando a de Romai ao concello de Portas. O concello quedou finalmente constituído no Boletín Oficial da Provincia do 3 de decembro de 1836.
A capital do concello estivo en Porráns até 1900, cando pasou a San Antoniño.
Cultura [editar]
Neste concello ten a súa sede a Banda de música Xuvenil de Barro, formada no ano 1992, que acadou éxitos e recoñecementos a nivel galego e español.
Patrimonio natural [editar]
Destaca o Parque da Natureza do Río Barosa, unha carballeira en desnivel pola que baixa a fervenza que forma o río Barosa, que se aproveitava antigamente mediante unha vintena de muíños, algúns deles rehabilitados hoxe en día. O espazo tamén está axeitado para as visitas como zona de lecer.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Barro.
-
Fervenza e muíños no río Barosa
-
Muíños de auga
Parroquias [editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro | |
|---|---|
|
Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André) |
Lugares de Barro [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barro vexa: Lugares de Barro.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
| Concellos da Comarca de Pontevedra | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Barro |
Campo Lameiro |
Cotobade |
A Lama |
Poio |
Ponte Caldelas |
Pontevedra |
Vilaboa |
|
|
|||||