Lalín
Coordenadas: 42°39′N 8°6′W / 42.65°N 8.1°W
| Lalín | |
|---|---|
| Casa do Concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | lalinense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Comarca | Comarca do Deza |
| Poboación | 21127 hab. (2011) |
| Área | 326,8 km² |
| Densidade | 64,65 hab./km² |
| Entidades de poboación | 48 parroquias |
| Capital do concello | Lalín |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Xosé Crespo Iglesias (Partido Popular) |
| Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 14 PSdeG-PSOE: 4 Outros: PGD:1 |
| Eleccións municipais en Lalín | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 97,84% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.lalin.org | |
Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. A vila ten unha poboación de 20.409 habitantes (2012)[3] e divídese entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e a sétima cidade da provincia, despois de Cangas. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.
O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.
Índice |
Etimoloxía do topónimo [editar]
O nome de Lalín vén de "Lalino", un colono do Conde de Deza que tivo ao seu cargo as terras nas que, anos máis tarde (980), se erixiu o mosteiro de San Martiño de Lalín de Arriba.
Orixe e historia [editar]
En tempos prehistóricos, xa estiveran poboadas estas terras. Así o testemuñan os castros de Donramiro e Goiás, a pouca distancia de Lalín, e mesmo o castro que algúns historiadores sitúan no lugar que hoxe ocupa o parque do aviador Loriga, sobre o que na época sueva se construíu unha torre-fortaleza. Precisamente ao abeiro desta fortaleza medieval xurdiu o casal da Torre, que con outros casais illados formou o primitivo núcleo urbano de Lalín no século XIX. Torre-fortaleza que logo pasaría aos Suárez de Deza-Churruchao, e nos últimos tempos, antes da súa destrución, ao Conde de Lemos. Derrubado en 1846, só quedou en pé ata os primeiros anos deste século a torre da homenaxe, á beira da que se erguía un vello carballo chamado "da manteiga". A finais do XVIII, o lugar da Torre estaba formado por sete casas, nas que se daba comida e aloxamento a moitos feirantes, que concorrían ás dúas feiras mensuais, e aos viaxeiros que transitaban de Ourense a Santiago, e de Lugo a Pontevedra.
En Lalín editáronse os periódicos La Defensa (1905-1909), Verdad y Justicia (1922-1924) e Razón (1933-1934).
A vila de Lalín, formada xa polos casais da Torre, Barrio de Abaixo, Tirabeque, Cacharela, Pontillón e outros, contaba en 1930 con pouco máis de trescentos veciños. Virían logo os anos do desenvolvemento e do progreso, ata converterse nos nosos días na vila máis importante[Cómpre referencia] da Galicia Central.
Demografía [editar]
| Censo Total | 20.409 |
| Menores de 15 anos | 2.442 (11.96%) |
| Entre 15 e 64 anos | 13.116 (64.26%) |
| Maiores de 65 anos | 4.851 (23.76%) |
Evolución da poboación de Lalín dende 1877 ata agora:

| Evolución da poboación de Lalín (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 16.238 | 17.529 | 19.001 | 17.666 | 20.698 | 21.216 | 21.127 | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Concentración industrial [editar]
Pode dicirse que, igual que A Estrada é a "capital do moble", Lalín é unha das "capitais da moda" de Galicia. Nos límites do seu territorio podense atopar factorías das seguintes marcas do sector téxtil:
Festas e celebracións [editar]
- Gastronomía
- A Feira do Cocido celébrase en Lalín o domingo antes do Entroido.
Irmandada [editar]
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Lalín
-
Monumento ao aviador Loriga.
-
Monumento a Ramón Mª Aller.
-
Estatua Deusa do Deza de Acisclo Manzano
Conxunto escultórico creado por Sergio Portela Campos, en 2002, na carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano:
Parroquias [editar]
Lugares de Lalín [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lalín vexa: Lugares de Lalín.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002003001&c=-1&ruta=fichas%2Fbdmunicipal_tablas.jsp%3FESP%3D36024 Censo Lalín 2007
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||