Aeroporto de Vigo
| Aeroporto de Vigo Aeroporto de Peinador |
|||
|---|---|---|---|
| IATA: VGO – ICAO: LEVX | |||
| Sumario | |||
| Tipo | Civil | ||
| Propietario | AENA | ||
| Cidade/Illa | Vigo | ||
| Ubicación | Peinador, Cabral | ||
| Coordenadas | 42°13′54″N 08°37′36″W / 42.23167°N 8.62667°WCoordenadas: 42°13′54″N 08°37′36″W / 42.23167°N 8.62667°W | ||
| Pista(s) | |||
| Dirección | Longo | Superficie | |
| pés | metros | ||
| 02/20 | 2400 | 7874 | asfalto |
| Estatísticas (2011) | |||
| Número de pasaxeiros | 976.152 | ||
| Operacións | 14.130 | ||
| Carga (ton.) | 1.113 | ||
O Aeroporto Internacional de Vigo-Peinador (IATA: VGO, OACI: LEVX) é o aeroporto galego situado en terreos dos concellos de Mos, Redondela e Vigo. Está situado a nove quilómetros do centro desta última cidade. Conta cunha ampla oferta de viaxes regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Canarias e París, ademais dos voos chárter. É o segundo aeroporto galego por número de pasaxeiros, voos e transporte de mercadorías por detrás do Aeroporto da Lavacolla e por diante do Aeroporto de Alvedro. Na actualidade rexistra unha forte competencia co Aeroporto de Sá Carneiro de Porto (Portugal). Recibe o seu nome, Peinador, do lugar de Peinador, na parroquia de Cabral.
Índice |
Horario [editar]
A terminal de pasaxeiros do aeroporto de Peinador abre de 05:30AM a 01:30AM todos os días da semana.
Historia [editar]
A aviación fixo a súa aparición en Vigo en 1911 cun espectáculo aéreo levado a cabo polo francés Jules Verdines. Dúas novas festas da aviación tiveron lugar no 1913 en Coia, e tamén en 1919 na praia de Panxón (Nigrán).
Ata os anos vinte, non se propón con fins comerciais. Por entón, Vigo foi o último porto europeo usado acotío polos vapores con destino e procedencia de Sudamérica, polo que transportaban toda a correspondencia. Por isto, a Comisión Técnica de Correo Aéreo estableceu unha ruta Madrid-Salamanca-O Porto-Vigo que, sen embargo, nunca chegou a adxudicarse.
No 1927, o Goberno considerou de interese xeral a construción dun aeródromo con carácter aduaneiro na Galiza. Ao mesmo tempo, o porto de Vigo foi habilitado para a hidroaviación. En marzo do 1929, abriuse ao tráfico aéreo oficial para a hidroaviación o porto marítimo e a baía de Vigo. Como complemento a estas instalacións, decidiuse construír un "aeroporto marítimo" na praia de Cesantes, no municipio de Redondela.
Accidente do 1994 [editar]
- Artigo principal: Accidente de Peinador.
O accidente de Peinador foi o terceiro accidente de importancia na historia da aviación comercial en Galicia. O 21 de marzo de 1994, o avión DC-9 da compañía Aviaco que cubría a liña regular dende Madrid co aeroporto de Peinador (Vigo), tomou terra uns 75 m antes do comezo da pista. Non houbo vítimas mortais.
Compañías aéreas [editar]
As compañías aéreas que operan no Aeroporto de Peinador son:
- Iberia regional operado por Air Nostrum:
Conta con dúas tendas, tres aparcadoiros e acceso mediante a liña 9A dos autobuses Vitrasa, aínda que tamén varias compañías de alugueiro de vehículos están incluídas nas súas instalacións:
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||