A Illa de Arousa
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arousa.
Coordenadas: 42°33′16″N 8°51′50″W / 42.55444°N 8.86389°W
| A Illa de Arousa | |
|---|---|
| Panorámica da illa | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Arousán |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Salnés |
| Poboación: | 5.020 hab. (2010) |
| Área: | 7,0 km² |
| Densidade: | 717,14 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 1 |
| Capital do concello: | San Xulián da Illa de Arousa (única parroquia) |
| Política (2007) | |
| Alcalde: | José Manuel Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros: | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 6 Outros: |
| Eleccións municipais na Illa de Arousa | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 99,44 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.ailladearousa.es/ | |
A Illa de Arousa ou A Arousa, é unha illa e concello da provincia de Pontevedra, situada no interior da ría de Arousa. Segundo o IGE en 2010 tiña 5.000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arousán.
| Censo Total | 5.000 |
| Menores de 15 anos | 779 (15,58%) |
| Entre 15 e 64 anos | 3.352 (67,04%) |
| Maiores de 65 anos | 869 (17,38%) |
Índice |
[editar] Xeografía
A illa ten unha superficie de 7 km², acadando a súa maior altitude no Con do Forno (68 m). Desde setembro de 1985 está unida ao continente por unha ponte de 2 km.
Algunhas das súas praias son A Area da Secada, A Lavanqueira, O Vao, Camaxe, a praia de Carreirón, Espiñeiro e O Cabodeiro.
Esta illa ten catro portos: o do Xufre, (onde se comercializa o marisco e o peixe), Cabodeiro, Naval e O Campo. Hai tres paseos marítimos: o do Campo, o do Cantiño e o que vai do IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) á Area da Secada. É tamén de interese turístico o faro de Punta Cabalo.
As precipitacións danse en inverno e en outono e en menor cantidade en primavera; no verán as precipitacións son menores de 50 mm. En todo o ano danse mais de 1.000 mm de choivas e é rara a vez que cae algunha nevada en inverno xa que a última foi no 1985. As temperaturas medias de inverno son de 10º e no verán de 21,5º, con máximas de 40º en agosto.
[editar] Historia
Dende hai moito tempo alberga unha comunidade de pescadores, e hoxendía a súa economía está máis diversificada. En 1996 constituíuse como concello propio, independizándose do de Vilanova de Arousa.
[editar] Patrimonio histórico-artístico
[editar] Festas
- Festa do Patrón: o 7 de xaneiro, San Xulián. Duran tres días, logo de Reis.
- Entroido: O carnaval é unha das celebracións máis importantes na Arousa desde hai moito tempo. Actualmente acode moita xente dos arredores, especialmente o Luns de Entroido.
- Festas do Carme: As festas do verán duran cinco ou seis días, adicados aos quintos, a San Ramón, San Roque, San Antonio, e á Virxe do Carme. O día do Carme é sempre un sábado, e celébrase normalmente a finais de xullo, variando a data para que coincida con mareas vivas, pois con marea alta celébrase a procesión marítima na que participan centos de embarcacións levando a arousáns e visitantes.
[editar] Festas gastronómicas
- Festa da Navalla, o 27 de xullo
- Festa do Mexillón, o 1º domingo de agosto.
- Festa do Polbo, a 1ª fin de semana de setembro.
- Festa gastronómica do Mar, todas as fins de semana de agosto agás a 1ª (que é a do mexillón).
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Illa de Arousa.
-
Descargando mexillón
[editar] Lugares da Illa de Arousa
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Illa de Arousa vexa: Lugares da Illa de Arousa.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Illas galegas (categoría)
[editar] Ligazóns externas
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Illa de Arousa | |
|---|---|
|
|||||