Agolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°45′46″N 08°01′09″W / 42.76278°N 8.01917°W / 42.76278; -8.01917

Agolada
Escudo de Agolada
Casa do Concello de Agolada.JPG
Casa do concello.
Situación
Situacion Agolada.PNG
Xentilicio[1] agolense
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Deza
Poboación 2.926 hab. (2011)
Área 147,8 km²
Densidade 21,49 hab./km²
Entidades de poboación 24 parroquias e 165 lugares
Capital do concello Agolada
Política (2011)
Alcalde Ramiro Varela Peón (PPdeG)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Agolada
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 98,95 %
Sitio web oficial
www.agolada.es

Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á Comarca do Deza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é agolense.

Índice

[editar] Xeografía

[editar] Situación

Limita cos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla (provincia de Lugo), Santiso (provincia da Coruña), Rodeiro, Lalín e Vila de Cruces.

Agolada está situado no centro de Galiza, na punta noreste da provincia de Pontevedra, entre o río Arnego, a serra do Farelo e o río Ulla.

[editar] Orografía

O monte Farelo, con 952,6 metros[3], e situado na serra do Farelo, é o punto máis alto do concello.

[editar] Hidrografía

O Ulla, que fai de límite norte do concello, é o principal río do concello; en Brocos úneselle o río Arnego antes do comezo do encoro de Portodemouros; o seu outro afluente principal é o río Deza.

[editar] Clima

O clima é oceánico interior, co inverno suave e o verán fresco. As precipitacións anuais son de 1.290 mm.

[editar] Demografía

Segundo o IGE en 2010 tiña 2.995 habitantes (3.875 en 2003).

Evolución da poboación de Agolada - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 4.794  6.432  7.003  4.786  3.678  2.995  2.926
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 3.094
Menores de 15 anos 211 (6.81%)
Entre 15 e 64 anos 1.792 (57.93%)
Maiores de 65 anos 1.091 (35.26%)

[editar] Historia

Desde o século VI, Agolada pertenceu ao Condado do Deza e até o século XIV pertenceu aos Condes de Deza, cando pasou aos Suárez de Deza, máis coñecidos como os Churruchaos. Máis tarde, estas terras pasaron a mans do Conde de Lemos, Pedro Enríquez de Castro.

[editar] Cultura

[editar] Toponimia

O seu nome procede da época romana, combinando dous lexemas latinos: aqua, aquae, "auga" e mais latus, lata, latum (supino do verbo fero, fers, ferre, tuli, latus, "levar"). Así o significado de Aqua Lata sería "auga levada", debido ás conducións hídricas que traían auga doutros lugares. O erróneo desagregamento como *A Golada procede da súa interpretación como locución artigo + substantivo, supoñéndolle na etimoloxía popular un derivado de golada ou golete (unha indumentaria medieval), con posible influencia posterior do barbarismo "La Golada".

[editar] Patrimonio

[editar] Patrimonio arqueolóxico

Atópanse numerosos restos do Megalítico, como o monte das Mámoas, o Tesouro de Agolada, así como machados de pedra. Hai dous castros notorios, o castro de Buxel e o castro de Marcelín.

[editar] Patrimonio arquitectónico

No Monte Farelo hai constancia da existencia noutro tempo dunha capela chamada de San Silvestre. Atópanse varias construcións notorias, aínda que en certo estado de ruína, como a fortaleza dos condes de Borraxeiros, do século XVI, a torre dos Vilar de Ferreirós, a casa de Quintela dos Arias Loureiro e a casa dos Traspenas.

Na vila de Agolada consérvanse os pendellos da feira que se celebra o día 12 de cada mes.

[editar] Etnografía

[editar] Tradición oral

  • As mociñas da Agolada/ non saben tascar o liño/ e andan porta por porta:/ ¡tásqueme este afuxaliño!

[editar] Economía

[editar] Sector primario

[editar] Agricultura

A economía do concello é eminentemente agraria, sector no que se ocupa o 60% da poboación. As terras máis fértiles, que se dividen en parcelas de tamaño medio superior ao doutras zonas de Galiza, atópanse no fondo dos vales, onde a pendente é menor, a uns 300 m. de altitude. Ademais da agricultura de autoconsumo (millo, hortalizas, centeo e vide), comercialízanse noces, castañas, patacas e trigo.

[editar] Gandería

Nas últimas décadas aumentou a cabana gandeira, especialmente vacas e porcos. Existe unha incipiente industria de transformación da madeira (aserradeiros).

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Agolada.

[editar] Nados en Agolada

Véxase tamén: Categoría:Nados en Agolada.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Agolada

Agra (San Miguel) | Artoño (Santalla) | A Baíña (San Pedro) | Basadre (Santa María) | Berredo (Santa María) | Borraxeiros (San Cristovo) | Brántega (San Lourenzo) | Brocos (San Miguel) | Carmoega (San Pedro) | Eidián (Santiago) | Esperante (San Cibrao) | Ferreiroa (San Pedro) | Gurgueiro (San Miguel) | Merlín (San Pedro) | Órrea (Santo André) | Ramil (San Martiño) | San Paio de Bais (San Paio) | Santa Comba (San Xoán) | Sesto (San Cibrao) | O Sexo (Santiago) | As Trabancas (San Mamede) | Val de Sangorza (Santa María) | Ventosa (San Xulián) | Vilariño (Santa María)


[editar] Lugares de Agolada

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Agolada vexa: Lugares de Agolada.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Cartografía 1:5000 do Sistema de Información Territorial de Galicia, folla 122-46.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca do Deza Comarca do Deza
Agolada
Agolada
Dozón
Dozón
Lalín
Lalín
Rodeiro
Rodeiro
Silleda
Silleda
Vila de Cruces
Vila de Cruces
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas