Vilanova de Arousa
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilanova.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arousa.
| Vilanova de Arousa | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Vilanovés - Arousán |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Salnés |
| Poboación: | 10.719 hab. (2009) |
| Área: | 33,7 km² |
| Densidade: | 315,82 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 6 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Gonzalo Durán (PPdG) |
| Concelleiros: | BNG: 3 PPdeG: 12 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais en Vilanova de Arousa | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 97,88 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.vilanovadearousa.com | |
Vilanova de Arousa é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Salnés. A súa poboación a comezo do 2009 era de 10.719 habitantes segundo o IGE.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Vilanovés - Arousán
Índice |
[editar] Historia
Atópanse restos paleolíticos na praia das Sinas e achados da idade de bronce en Tremoedo e Baión. Ademais hai restos castrexos en Baión, existen referencias escritas ao chamado Castro Lupus, que se cre que estaba no monte Lobeira, e hai un xacemento romano coñecido como a "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas. Consérvase tamén un pequeno tesouro de 717 moedas atopado en Tremoedo. A fundación de Vilanova de Arousa data do século VII, cando foi construído o mosteiro de Calogo, do que aínda se conservan as torres do campanario. A vila foi queimada polas incursións normandas da Idade Media, que cobizaban os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.
No século VI, durante a expansión do cristianismo nestas terras, estableceuse unha organización baseada na división en parroquias. Estas son, dentro de Vilanova de Arousa, as de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova. A fundación do mosteiro de Calogo en Vilanova de Arousa, atribuída a San Froitoso no século VII, e a presenza do Castelo de Lobeira, son unha proba da expansión do cristianismo e da necesidade de defender Compostela das incursións estranxeiras, especialmente dos normandos, e de resgardar unhas terras de importancia económica pola explotación mariña e a produción de sal.
Xa entrado o século XII, as posesións da mitra compostelá aumentan, achándose entre elas as igrexas de Baión, Santa María de Caleiro co seu casarío e parte de Deiro. Entre as torres e pazos de Vilanova de Arousa cómpre cita-los sitos en Baión (pazos de Fontán e do Cabido) e na vila (torre de Calago, pazo do marqués de Bolaños -convertido en fábrica de salgadura- e pazo do Cuadrante -casa natal de Ramón María del Valle-Inclán e hoxe en día casa museo). Da fortaleza da rúa Nova, en András, do século XIV, apenas fica unha torre e o pazo construído máis tarde nas súas terras. A orixe deste pazo remóntase ó 1738, construído por Miguel Inclán Santos, de familia vilanovesa de tradición mariñeira, tras regresar enriquecido de América, e cuxa continuidade asegurou no 1751 coa fundación dun vínculo e morgado que lle transferiu á súa irmá, Antonia de Inclán, casada con Pablo del Valle.
No ano 1996 o concello da Illa de Arousa escindiuse do de Vilanova de Arousa, pasando a ter a Illa 15.198 habitantes e Vilanova 10.431.
[editar] Recursos
Vilanova ten un litoral costeiro de 20 km e atópase fronte á Illa de Arousa. En canto á importancia de Vilanova como porto pesqueiro, no século XVI abastecía de peixe a Castela e as súas ostras escabechadas eran moi estimadas. O mexillón da ría de Arousa cultívase en bateas. A chegada de cataláns con novas técnicas de aproveitamento dos recursos marítimos orixinou a creación de fábricas de salgado que foron as precursoras das industrias conserveiras actuais, numerosas en toda a comarca e principal fonte de riqueza.
Vilanova de Arousa pertence ó val do Salnés, de cuxa riqueza agrícola dan fe numerosas crónicas dende a idade media. Vilanova forma parte do territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas, viño que é producido por numerosas adegas no concello. Destaca pola súa extensión o Pazo Baión.
[editar] Cultura
[editar] Arquitectura
- Casa natal de Valle-Inclán, do século XVI, declarada Monumento Histórico-Artístico.
- Casa natal dos irmáns Camba, Julio e Francisco, en Vilamaior.
- Pazo da rúa Nova en András.
- Torre de Miranda, en Caleiro.
- Igrexa de Santa María de Caleiro, de orixe románica e que conserva elementos da fábrica medieval (ábsida, canzorros...).
- A danza do abellón.
[editar] Parroquias de Vilanova de Arousa
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilanova de Arousa | |
|---|---|
|
András (San Lourenzo) | Baión (San Xoán) | Caleiro (Santa María) | Deiro (San Miguel) | Tremoedo (Santo Estevo) | Vilanova de Arousa (San Cibrán) |
[editar] Lugares de Vilanova de Arousa
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilanova de Arousa vexa: Lugares de Vilanova de Arousa.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilanova de Arousa.
-
Desembocadura do río Currás.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||
[editar] Ligazóns externas
- Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán, dedicada a investigación da vida e obra de Valle-Inclán.
- Concello de Vilanova de Arousa.