Miliario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Réplica dun miliario na Vía Claudia Augusta cerca de Unterdiessen (Alemaña).

Os miliarios (procedente do latín miliarius) son columnas cilíndricas, ovaladas ou paralelepípedas que se colocaban no bordo das vías romanas para sinalizar as distancias (de mil pasos ou milla romana, unha distancia duns 1.450 metros) e indicar o trazado das vías construídas por eles para a explotación pesqueira, comercial ou militar.

A maioría dos miliarios presentan uns caracteres descoidados e rústicos, sen preocupación polo estilo. Acostumaban ser de granito, cunha base cúbica ou cadrada e medían entre 2 e 4 metros de altura, cun diámetro de entre 50 e 80 centímetros. Algún levaba inscricións gravadas directamente, dependendo da importancia da calzada ou da proximidade ou afastamento de Roma.

Son un dos elementos precedentes do mundo pagán que foi posteriormente cristianizado por medio dunha cruz. Castelao afirma que os cruceiros galegos son fillos do miliario cristianizado.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]