Mondariz
| Mondariz | ||||
|---|---|---|---|---|
|
||||
| Casa do Concello e Praza de España. | ||||
| Situación | ||||
| Xentilicio[1] | mondaricense | |||
| Xeografía | ||||
| Provincia | Provincia de Pontevedra | |||
| Comarca | Comarca do Condado | |||
| Poboación | 5081 hab. (2011) | |||
| Área | 85,1 km² | |||
| Densidade | 59,71 hab./km² | |||
| Entidades de poboación | 12 parroquias | |||
| Capital do concello | Mondariz | |||
| Política (2011) | ||||
| Alcalde | Julio Alén Montes (PPdeG) | |||
| Concelleiros | BNG: 5 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
|||
| Eleccións municipais en Mondariz | ||||
| Uso do galego[2] (2001) | ||||
| Galegofalantes | 96,65% | |||
| Páxina web oficial | ||||
| http://www.concellodemondariz.com | ||||
| Correo electrónico | concello_mondariz@yahoo.es | |||
Mondariz é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2011 tiña 5.081 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mondaricense.
| Evolución da poboación de Mondariz (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 5.213 | 6.687 | 7.093 | 6.443 | 5.320 | 5.259 | 5.081 | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía[editar]
Mondariz ten unha superficie de 85,8 km². Está situado ao suroeste da serra do Suído, no sur da provincia de Pontevedra. Limita ao norte con Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, ao leste con Covelo, ao sur coa Cañiza e Salvaterra de Miño, e ao oeste con Mondariz-Balneario, Ponteareas e Pazos de Borbén.
Está surcado polo río Tea, que forma un val moi pronunciado. Os seus afluentes máis importantes son pola dereita o Caraño, Alén e o Aboal (tamén chamado Asaar), e pola esquerda o Lougariños e o Xabriña. O cumio máis alto do municipio é o Coto de Eira, de 881 m.
O concello ten 12 parroquias, sendo dúas delas (Queimadelo e Vilasobroso) entidades locais menores.
Demografía[editar]
No ano 2009 tiña 5.259 habitantes, pero a poboación está moi diseminada en núcleos reducidos e distantes entre si. As zonas urbanas máis consolidadas son a vila que dá nome ao concello, e Vilasobroso, catro quilómetros ao sur.
| Censo Total (Habitantes) | 4.841 |
| Menores de 15 anos | 471 (9.73 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 2.959 (61.12 %) |
| Maiores de 65 anos | 1.411 (29.15 %) |
Historia[editar]
Na Idade Moderna as terras pertencían ao señorío de Sobroso. O marquesado de Sobroso foi concedido por Filipe IV de España o 18 de maio de 1625. Durante o reinado de Afonso XIII, os veciños da parroquia de Vilasobroso solicitaron constituírse como entidade local menor, sendo recoñecida como tal polo pleno municipal o 13 de setembro de 1924.
A parroquia de Queimadelos solicitou constituírse como EML durante a II República, sendo recoñecida o 21 de febreiro de 1935.
Patrimonio[editar]
Castelo de Sobroso[editar]
- Artigo principal: Castelo de Sobroso.
O castelo de Sobroso está xunto ao monte Landín, nas inmediacións do concello de Ponteareas que ten a súa propiedade. Desde el divísase o sur do Condado e o val do río Miño alén da fronteira con Portugal. Ten a súa orixe no século XII, en 1130.
Ponte románica de Cernadela[editar]
Está situada na parroquia de Riofrío, no lugar de Cernadela, sobre o río Tea. A construción servía de paso cara ás diferentes feiras. Augas arriba existe unha praia fluvial.
Escudo[editar]
Sobre cartela, escudo medio partido e cortado: 1º: En campo de prata unha fonte de ouro aclarada de azur. 2º: En campo de azur un monte de sinople, sumado todo el dunha muralla de ouro mazonada, sumada pola sinistra da torre e outra muralla. 3º: En campo de azur unha ponte de tres arcos apuntados. Acolado da cruz de Santiago. Ó timbre coroa real pechada.
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Mondariz.
Parroquias[editar]
Lugares de Mondariz[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz vexa: Lugares de Mondariz.
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |