Tomiño
- Este artigo trata sobre o concello da comarca do Baixo Miño. Para a planta aromática, ver o artigo tomiño (planta)
| Tomiño | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | tomiñés, -esa |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Baixo Miño |
| Poboación: | 13.492 hab. (2010) |
| Área: | 106,6 km² |
| Densidade: | 121,78 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 15 parroquias |
| Capital do concello: | Tomiño |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Sandra González (BNG) |
| Concelleiros: | BNG: 9 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 Outros: 1 |
| Eleccións municipais en Tomiño | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 97,02 % |
| Sitio web oficial | |
| http://concellotomino.com | |
Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2010 era de 13.492 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tomiñés.
| Evolución da poboación de Tomiño - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 10.186 | 10.201 | 9.817 | 10.499 | 11.776 | 13.492 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 124,91 hab/km².
O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. De forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes de A Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan as estribacións desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.
[editar] Como chegar
Tomiño encóntrase sito a media hora de Vigo e a 1 hora de Ourense.
Desde a autoestrada do Atlántico débese coller a C-550 (Tui-A Guarda) á altura de Tui, desviándose cara Tomiño.
Indo desde Vigo pola costa pásase por Baiona e chégase ata A Guarda. Desde aí, collendo a mesma comarcal C-550 chégase a Tomiño nuns 20 minutos.
Á altura da Ramallosa (Nigrán) tamén se pode acceder a Tomiño por Gondomar collendo a PO-351.
Desde Portugal, a través da ponte internacional localizada en Tui-Valença sobre o río Miño e que une Galicia con Portugal, podemos chegar a Tomiño pola C-550, ou a través da ponte internacional localizada en Goián-Vilanova de Cerveira.
[editar] Alcaldes/Alcaldesas
- Sandra González Álvarez (2007-presente)
[editar] Colexios
- IES de Tomiño
- CEIP Pintor Antonio Fernández
- CEIP de Sobrada
- CEP Pedro Caselles Beltrán
- CRA Mestre Manuel Garcés
[editar] Deportes
- Tomiño Fútbol Club (Fútbol)
[editar] Galería de imaxes
-
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Tomiño
[editar] Lugares de Tomiño
Tomiño ten 134 lugares, agrupados en 15 parroquias. Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tomiño vexa: Lugares de Tomiño.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||