Partido Galeguista Demócrata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Partido Galeguista (2004)»)
Partido Galeguista Demócrata
Logo
Tipopartido político español
Ideoloxíagaleguismo
Data de fundación2004
Data de disolución2012
PaísEspaña
Na rede
http://pgdemocrata.blogspot.com.es/
editar datos en Wikidata ]

O Partido Galeguista Demócrata actual é un partido político galego de centro, constituído no ano 2004 con Manuel Soto como secretario xeral e Xabier González como presidente. Defínese como galeguista, nacionalista, demócrata e europeísta. O PGD presentou candidaturas en 33 concellos nas eleccións municipais de 2007.

Características[editar | editar a fonte]

Integrantes[editar | editar a fonte]

Entre os seus militantes conta con galeguistas históricos como Antón Moreda (cofundador das Mocedades Galeguistas de Bos Aires) ou Lois Taboada, ademais de militantes que participaran na anterior reorganización do Partido Galeguista de 1985. Na homenaxe do PG a Castelao en Rianxo o 7 de xaneiro de 2007, o acto do Partido Galeguista contou coa presenza e a adhesión dos escritores galeguistas Avelino Abuín de Tembra e Manuel Dourado Deira.

Logo do IX Congreso, celebrado en Monforte de Lemos o 26 de xaneiro de 2008 o presidente é Xesús Manuel Suárez e o vicepresidente Antonio Varela Álvarez.

Formacións[editar | editar a fonte]

Desde a súa reorganización en 2004 integráronse dentro do PG formacións políticas como Progresistas Vigueses, Redondeláns Adiante, Galicia Unida, Independientes por Cambados, Agrupación Dependentes de Cuntis, Independentes do Grove, Socialistas por Ourense, Converxencia por Vigo, Progresistas de Narón, Unidade por Narón e Identidade Galega.

O partido Unidade por Narón terminou por non completar a súa integración no PG e iniciou un proxecto político diferente chamado Terra Galega, e o partido Identidade Galega saíu do PG ao pouco da súa integración.