Aeroporto da Coruña
| Aeroporto da Coruña Aeroporto de Alvedro |
|||
|---|---|---|---|
| IATA: LCG – ICAO: LECO | |||
| Sumario | |||
| Tipo | Público | ||
| Propietario | AENA | ||
| Cidade/Illa | A Coruña | ||
| Ubicación | Alvedro, Culleredo | ||
| Elevación (msnm) | 328 pés / 100 metros | ||
| Coordenadas | 43°18′07″N 8°22′38″W / 43.30194°N 8.37722°W | ||
| Pista(s) | |||
| Dirección | Longo | Superficie | |
| pés | metros | ||
| 04/22 | 6.364 | 1.940 | asfalto |
| Estatísticas (2011) | |||
| Número de pasaxeiros | 1.012.800 | ||
| Operacións | 16.283 | ||
| Carga (ton.) | 251.966 | ||
O Aeroporto da Coruña (IATA: LCG, OACI: LECO), antigamente coñecido como Aeroporto de Alvedro, é un aeroporto galego situado no concello de Culleredo, a 7 quilómetros da Coruña.
Índice |
Historia [editar]
Foi inaugurado o 25 de maio de 1963 e o seu primeiro vóo foi coa liña de Iberia dende Madrid ata A Coruña e volta. O 13 de agosto de 1973 tivo lugar o peor accidente da aviación da Historia de Galicia en Montrove, Liáns, Oleiros, no que morren oitenta e cinco persoas. Este feito reduce a actividade do aeroporto.
O 28 de abril de 1990 o aeroporto reinagúrase e ó longo de toda a década sufrirá varias modificacións na terminal de pasaxeiros, no alongamento da pista, na construción de fingers e comezará a operar vóos internacionais a Londres e Lisboa.
Neste momento atópase en construción o novo aparcadoiro do aeroporto e desde principios de 2008 áchase operativo o Sistema Instrumental de Aterraxe (ILS) de Categoría II na cabecera 22, que se atopa á espera de poder ser ampliado á categoría III simplemente coa autorización da autoridade pertinente, xa que xa está instalado xunto ao de categoría II. En breve será licitada a redacción do proxecto definitivo da ampliación de pista cara á cabecera 04 en 460 metros (que inclúe pista de rodadura a dita cabecera). Tamén en breve serán adxudicadas as obras de ampliación da plataforma de estacionamento de aeronaves.
Compañías aéreas e enlaces [editar]
Voos regulares e chárter [editar]
| Compañía aérea | Destinos |
Tráfico [editar]
O aeroporto da Coruña experimentou nos últimos anos un notábel incremento do número de viaxeiros, pasando de 367.586 en 1996 a 1.014.780 en 2006. Tamén en número de operacións e no transporte de mercadorías houbo aumento, no 2006 xestionáronse 17.406 operacións e movéronse 554 toneladas de carga.
No 2007 chegouse aos 1.266.804 de pasaxeiros grazas, á implantación de novas aeroliñas como EasyJet e Clickair, e co incremento de frecuencias e rutas que voan sobre Alvedro. Esta cifra do 2007 foi á máxima que rexistrou o aeroporto, pois no 2008 a actividade comercial na terminal experimentou un descenso que continuou no 2009.

| 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 589.000 | 654.064 | 532.236 | 549.850 | 586.218 | 852.043 | 1.014.500 | 1.266.804 | 1.174.970 | 1.068.823 | 1.101.208 | 1.012.800 |
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do aeroporto de Alvedro, Culleredo
-
Avión sobrevoando O Burgo tras saír do aeroporto
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||