Aeroporto de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°13′45″N 8°37′39″O / 42.229166666667, -8.6275

Aeroporto de Vigo
Aeroporto de Peinador

IATA: VGO – ICAO: LEVX
Sumario
Tipo civil
Propietario/Operador Aena
Cidade/Illa Vigo
Localización Peinador, Cabral
Web https://www.aena.es/es/vigo.html
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19[1] 2400x45 7874x148 asfalto
Estatísticas (2019)
Pasaxeiros 1 012 447
Aumento pasaxeiros Decrecente -10,4%
Operacións 11 524
Aumento operacións Decrecente -8%
Carga (ton.) 541
Aumento carga Decrecente -49%
Fonte: AENA[2]
Torre.

O aeroporto de Vigo (IATA: VGOOACI: LEVX), tamén coñecido como aeroporto de Peinador, é un aeroporto galego situado en terreos dos concellos de Mos, Redondela e Vigo. Está situado a nove quilómetros do centro desta última cidade. Conta cunha ampla oferta de viaxes regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Canarias e París, ademais dos voos chárter. É o segundo aeroporto galego en transporte de mercadorías, por detrás do aeroporto de Santiago, e o terceiro por número de pasaxeiros e voos, tralos de Santiago e da Coruña[3]. Na actualidade rexistra unha forte competencia do aeroporto de Sá Carneiro do Porto (Portugal). Debe o seu nome á súa localización xunta Peinador, na parroquia de Cabral.

Horario[editar | editar a fonte]

A terminal de pasaxeiros do aeroporto de Peinador abre de 05:30AM a 01:30AM todos os días da semana.

Historia[editar | editar a fonte]

A aviación fixo a súa aparición en Vigo en 1911 cun espectáculo aéreo levado a cabo polo francés Jules Verdines. Dúas novas festas da aviación tiveron lugar no 1913 en Coia, e tamén en 1919 na praia de Panxón (Nigrán).

Ata os anos vinte, non se propón con fins comerciais. Por entón, Vigo foi o último porto europeo usado acotío polos vapores con destino e procedencia de Suramérica, polo que transportaban toda a correspondencia. Por isto, a Comisión Técnica de Correo Aéreo estableceu unha ruta Madrid-Salamanca-O Porto-Vigo que, porén, nunca chegou a adxudicarse.

No 1927, o Goberno considerou de interese xeral a construción dun aeródromo con carácter aduaneiro en Galiza. Ao mesmo tempo, o porto de Vigo foi habilitado para a hidroaviación. En marzo do 1929, abriuse ao tráfico aéreo oficial para a hidroaviación o porto marítimo e a baía de Vigo. Como complemento a estas instalacións, decidiuse construír un "aeroporto marítimo" na praia de Cesantes, no municipio de Redondela. Ao mesmo tanto unha comisión técnica comezou a estudar distintos terreos para a construción dun aeroporto en terra, decantándose por unha zona cedida polo concello do Porriño nas Gándaras de Budiño.

O proxecto parouse a 1936 cando o xeógrafo Francisco Senac interesouse por el e visitou os terreos das Gándaras xunto con técnicos militares, pero ao ver a zona parcialmente inundada. Dirixíronse entón a Valladares para visitar novos terreos e de camiño veciños de Mos amosáronlle a zona de Peinador e un bosquexo feito por Jenaro de la Fuente. O proxecto foi validado polos militares, que querían construír unha pequena pista para uns cazas que ían chegar ao porto da cidade, pero a obra non se rematou a tempo e os cazas trasladáronse por estrada ata León.

O concello de Vigo fíxose cargo do proxecto co apoio de empresarios locais. Debido á falta de medios entre 1936 e 1938 milleiros de homes de Vigo, Lavadores e Mos foron obrigados a traballar 2 días ao mes nas obras por orde das autoridades militares. Porén, en 1937 as autoridades nacionais deron prioridade á construción do aeroporto de Santiago de Compostela e as obras en Vigo quedaron case paralizadas.[4]

En 1940 o Ministerio do Aire asumiu as obras, redactando un novo proxecto e cun presuposto de 2 millóns de pesetas,[5] e estas declaráronse de "urxencia", polo que o aeroporto se construíu entre 1947 e 1952. O aeroporto abriríase ao tráfico o 20 de abril de 1954, aínda coas instalacións complementarias sen rematar, e o primeiro avión, un Douglas DC-3 de Iberia procedente de Madrid, aterraría o día 25 dese mesmo mes. Aos poucos meses a ruta pasaría a ser operada por Aviaco.[6]

Na década dos 60 reformáronse as instalacións, en 1973 construíuse a torre de control, e en 1974 a nova terminal. Nos anos seguintes ampliáronse a zona de estacionamento e a pista de aterraxe para permitir a operación dos Douglas DC-9, chegando así o seu primeiro voo internacional en 1981.[6]

O novo edificio da terminal fíxose en 1995 e ese mesmo ano ampliouse a plataforma. No ano 2004 comezou a funcional o sistema ILS de categoría II/III.[6]

En 2011 inaugurouse un novo estacionamento con capacidade para 2 500 vehículos,[7] e en 2014 rematouse a ampliación da terminal iniciada en 2010, pasando dunha superficie de 8.700 a 22.000 m².[8]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Accidente do 1994[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Accidente de Peinador.

O accidente de Peinador foi o terceiro accidente de importancia na historia da aviación comercial en Galicia. O 21 de marzo de 1994, o avión DC-9 da compañía Aviaco que cubría a liña regular dende Madrid co aeroporto de Peinador (Vigo), tomou terra uns 75 m antes do comezo da pista. Non houbo vítimas mortais.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Mostradores de facturación.

As compañías aéreas que operan no aeroporto de Peinador son:

Aeroliñas Destinos
Air Europa Madrid
Estacional: Palma de Mallorca
Binter Canarias Gran Canaria

[9] Tenerife-Norte

Iberia Madrid
Iberia
operado por Air Nostrum
Bilbao, Valencia
Estacional: Alacant, Gran Canaria , Menorca, Málaga, París-Charles de Gaulle, Sevilla, Ibiza
Iberia Express Estacional: Tenerife-Norte
Vueling Barcelona

Conta con dúas tendas, tres aparcadoiros e acceso mediante a liña 9A dos autobuses Vitrasa, aínda que tamén varias compañías de alugueiro de vehículos están incluídas nas súas instalacións:

Datos de tráfico[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros do aeroporto de Vigo 2004-2019 (en millóns)
Ano Nº de
pasaxeiros
T Mercancías Operacións
2004 911 974 1.029 15.458
2005 1 108 720 1.363 18.855
2006 1 188 046 1.252 19.655
2007 1 405 968 1.952 19.999
2008 1 278 762 1.481 17.934
2009 1 103 285 796 15.698
2010 1 093 576 901 14.941
2011 976 152 1.113 14.130
2012 828 725 570 11.184
2013 678 720 448 10.636
2014 680 387 435 9.914
2015 713 567 536 9.580
2016 954 006 476 11.557
2017 1 065 595 771 12 479
2018 1 129 689 1 060 12 526
2019 1 012 447 541 11 524
Fonte: AENA

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Peinador cambia por primera vez en sus 61 años de historia la nomenclatura de la pista
  2. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  3. AENA, 2019. Tráfico de pasajeros, operaciones y carga en los aeropuertos españoles (datos provisionales)
  4. "De Peinador al cielo, historia del aeropuerto de Vigo. Parte 1.". Faro de Vigo. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  5. "Si vas a Peinador....". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 27/12/2016. Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Aena (ed.). "Historia do aeroporto de Vigo". Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  7. "Inaugurado el nuevo aparcamiento del aeropuerto de Peinador (Vigo) con 2.500 plazas". www.europapress.es. 2011-09-25. Consultado o 2020-12-21. 
  8. "Pastor: "La ampliación sitúa a Peinador entre las terminales más importantes del país"". Faro de Vigo (en castelán). 2014-06-01. Consultado o 2020-12-21. 
  9. "La aerolínea canaria Binter elige Vigo para su estreno en el mercado nacional con dos vuelos semanales". Faro de Vigo. Consultado o 26 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]