Crecente
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Crecente (homónimos).
| Crecente | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Crecentense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Paradanta |
| Poboación: | 2.533 hab. (2011) |
| Área: | 57,5 km² |
| Densidade: | 44,05 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 11 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Julio César García Luengo Pérez (PP) |
| Concelleiros: | BNG: 1 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais en Crecente | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 98,32 % |
| Sitio web oficial | |
| http://concellocrecente.es | |
Crecente é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2010 tiña 2.540 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Crecentense.
| Evolución da poboación de Crecente - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 5.247 | 5.317 | 5.584 | 4.432 | 2.756 | 2.540 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
Limita cos concellos de Arbo e A Cañiza (provincia de Pontevedra); Melón, Arnoia, Cortegada, Pontedeva e Padrenda (provincia de Ourense) e fai fronteria con Portugal, separado polo río Miño. Ten 57,1 km².
Cara ao norte está formado por unha zona montañosa, e cara ao sur está formado por un grupo de vales profundos, dirixidos cara ao río Miño, que o separa de Ourense e Portugal.
[editar] Historia
No límite co concello de Arbo atópnase uns petroglifos no monte. Durante a Idade do Ferro, coacultura castrexa construíuse o poboado castrexo da Cidá, na parroquia de Quintela, onde se atopou un trisquel. Os restos atopados atópanse no Museo de Pontevedra e no Museo Quiñones de León de Vigo.
A zona pertenceu na Idade Antiga ao condado de Turonia.
No século X San Paio, sobriño do bispo de Tui Hermixio, foi raptado por Abderramán III. Na súa memoria erixiuse na súa parroquia natal, Albeos, o mosteiro románico de San Paio, do que se conservan algunhas ruínas.
O rei Fernando IV outorgou a Fernando Yáñez o señorío de Crecente, e en 1642 o rei Filipe IV de España concedeu o condado de Crecente a Baltasar de Soutomaior.
O castelo de Fornelos ten a súa orixe nas guerras de Portugal, entre Afonso VII e Afonso Henriques. Na actualidade consérvase a torre da homenaxe (nela o nobre Pedro Madruga mantivo encarcerado ao bispo de Tui Diego de Muros) tivo uso ata a Guerra de Restauración ou Guerra de Independencia de Portugal do dominio español.
[editar] Natureza
O entorno natural de Crecente está demarcado polos diversos vales, destacando á vista o encoro do río Frieira. Desde o monte de Chan de Moeiras, en Filgueira, hai unhas boas vistas panorámicas dos meandros do Ñiño, desde Meréns ata Cortegada.
[editar] Patrimonio
O pazo da Fraga, en Albeos, e o pazo de Barreiro, en Vilar, son de orixe medieval.
O románico tivo implantación na zona, como se ve no mosteiro de San Paio de Albeos, consagrado a San Paio, santo orixinario deste concello. A igrexa de Crecente, antiga colexiata, foi construída sobre as ruínas do mosteiro templario de San Pedro, construído no século XIV.
A capela da Virxe do Camiño, de estilo románico tardío, sitúase nunha antiga ruta do camiño de Santiago, e conta cun cruceiro ornamental. Na capela de Fátima, no Couto da Cruz, venérase a primeira imaxe existente en España vinculada á Virxe de Fátima, traída a ombreiros dende Portugal.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Crecente.
-
Igrexa de Filgueira, Crecente
[editar] Lugares de Crecente
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Crecente vexa: Lugares de Crecente.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||
| Concellos da Comarca da Paradanta | ||||
|---|---|---|---|---|
Arbo |
A Cañiza |
Covelo |
Crecente |
|
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |