Batalla de Rande
| Batalla de Rande | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Parte de Guerra de Sucesión Española | |||||||
A Batalla de Rande, por Ludolf Backhuysen, pintado cara a 1702. |
|||||||
|
|||||||
| Belixerantes | |||||||
| Líderes | |||||||
| Forzas en combate | |||||||
| 10.790 homes 1.541 canóns Barcos españois: |
23.599 homes 3.115 canóns Barcos ingleses: |
||||||
| Baixas | |||||||
| 2.000 mortos 2.000 feridos Todos os barcos foron capturados, afundidos ou incendiados |
800 mortos 500 feridos |
||||||
A Batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Enfrontou ás escadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da Guerra de Sucesión Española.
Índice |
A batalla [editar]
A Flota de Indias, composta por 19 buques escoltados por 22 navíos franceses, partira o 11 de xuño desde La Habana cara a Cádiz cun gran cargamento. Á metade de travesía foron informados de que unha poderosa escadra anglo-holandesa os agardaba no cabo San Vicente, polo que o almirante Manuel de Velasco decide desviarse cara á ría de Vigo, onde entran o 22 de setembro.
O comboi buscou refuxio na enseada de San Simón, e axiña se preparou a defensa ao tempo que se requisaron 1.200 carros do país para transportar as mercadorías cara a Madrid. O paso de Rande foi obstruído por unha barreira de toros, cables e pequenas embarcacións, e foron reclutadas milicias para reforzar os dous pequenos fortes situados aos dous lados do estreito.
O 2 de outubro, mentres os ingleses dirixidos por George Rooke atacaron sen éxito Cádiz, a flota española comeza a desembarcar o seu cargamento en Baiona. O 17 de outubro o Capitán Hardy, a bordo do Pembroke, informa a Rooke de que a Flota de Indias se retirara cara ao norte pola costa portuguesa, información recollida polo seu Capelán, e o día 18 convocouse un consello de guerra no buque insignia Royal Sovering no que se decide dirixir a escuadra cara á ría.
O 21 de outubro, o Marqués de Châteaurenault, que tiña ao seu cargo a custodia da flota española, decide refuxiarse no fondo da ría, dispoñendo as súas naves para a defensa dos galeóns españois. O día 22 a escuadra anglo-holandesa entra na ría, e fondea pola tarde, baixo o incesante bombardeo do forte de Vigo.
O día 23 o Duque de Ormond desembarca en Teis con 2.000 homes, e Churchill fai o mesmo en Domaio co obxectivo de atacar e paralizar o bombardeo dos fortes de Corbeiro e Rande. Silenciados os canóns, comezou o ataque por mar.
A artillería francesa contivo os primeiros ataques, pero Hopson logrou romper a barreira que impedía o paso do estreito a bordo do Torbay, o buque insignia británico, armado con picos. A frota anglo-holandesa logrou así penetrar no fondo da ría, e ante a falta de espazo para as manobras recurriuse á abordaxe. A loita corpo a corpo combinouse co uso de material incendiario, decidíndose a vitoria pola gran diferenza numérica entre as escuadras.
O Marqués de Châteaurenault ordeou incendiar os propios barcos cando estaba todo perdido para evitar que caesen nas mans do inimigo. Mentres, Gaspar Antonio de Zúñiga, o Príncipe de Barbanzón, Capitán Xeral de Galicia, ordeou poñer a salvo o pouco que quedaba por descargar do quinto real, transportándose ata Lugo e dende alí a Segovia.
Morreron uns 2.000 homes do bando hispano-francés e uns 800 do anglo-holandés. Ademais, os franceses perderon os seus mellores buques de guerra, e os españois quedaron sen barcos para a carreira de Indias.
Se ben a batalla foi axiña silenciada en España (en parte polo éxito no balance total da Guerra de Sucesión, coa consolidación dos Borbóns no trono), pero a vitoria de Inglaterra e Holanda acadou enorme difusión en toda Europa. En Londres existe a Vigo Street, en conmemoración da batalla, e Jules Verne falou dos tesouros de Rande na novela Vinte mil leguas baixo dos mares.
O Tesouro de Rande [editar]
Tense especulado sobre as riquezas que levaban os barcos afundidos, sendo moitas as expedicións que o buscaron. Seguramente a parte máis valiosa do cargamento fora xa transportada a Castela durante o tempo que estivo a frota na ría, pero non se pode descartar que unha parte importante permanecese aínda nas adegas das naves.
A frota vencedora levou un botín de catro millóns de pesos, amais de sete buques de guerra e seis galeóns capturados.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Pereiro Alonso, Román (2002). A batalla de Rande. Mapas e gravados (1699-1715). ISBN 978-84-8288-588-9.
- Sagrario Abelleira Méndez (coordinadora) (2002). Rande 1702, arde o mar. ISBN 978-84-87887-57-0.