Campo Lameiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo Lameiro
Escudo de Campo Lameiro
P1070626 Casa concello Campo Lameiro.JPG
Casa do concello.
Situación
Situacion Campo Lameiro.PNG
Xentilicio[1] campolameirán
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Pontevedra
Poboación 2.036 hab. (2011)
Área 63,8 km²
Densidade 33,12 hab./km²
Entidades de poboación 6 parroquias
Capital do concello A Lagoa
Política (2011)
Alcalde Julio Sayáns Bugallo (PP)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 1
Outros: 0
Eleccións municipais en Campo Lameiro
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 98,98 %
Sitio web oficial
http://www.campolameiro.com/

Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca de Pontevedra.

De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo, Cotobade e Pontevedra. A súa poboación era de 2.084 persoas conforme o censo de 2009[3]. Os seus habitantes chámanse campolameiráns:

Evolución da poboación de Campo Lameiro - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
  3.952   3.329   3.350   2.554   2.178   2.084  2.036
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Patrimonio histórico e artístico

Laxe dos Carballos

O concello é sobre todo coñecido polos seus petróglifos. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona ao redor do ano 3200 a.n.e.. Nas terras do concello téñense atopado gran cantidade de pedras gravadas, con motivos moi diversos. A Idade de Bronce e a do Ferro que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa.

Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult. Lugares como Chan de Batalla e Mal Paso lembran escenas da batalla librada contra os franceses en 1809.

Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras significativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de San Miguel do Campo, a de Santa María de Moimenta ou a de Santa Mariña de Fragas, que conserva a fachada da súa fábrica románica.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Campo Lameiro

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Campo Lameiro

O Campo (San Miguel) | O Couso (San Cristovo) | Fragas (Santa Mariña) | Moimenta (Santa María) | Montes (San Isidro) | Morillas (Santiago)

[editar] Lugares de Campo Lameiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Campo Lameiro vexa: Lugares de Campo Lameiro.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. IGE

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Concellos da Comarca de Pontevedra Comarca de Pontevedra
Barro
Barro
Campo Lameiro
Campo Lameiro
Cotobade
Cotobade
A Lama
A Lama
Poio
Poio
Ponte Caldelas
Ponte Caldelas
Pontevedra
Pontevedra
Vilaboa
Vilaboa
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas