Terra Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terra Galega (Tega)
Partido político de Galiza
Líder Pablo Padín
(Presidente)
Xermán Tobío
(Secretario Xeral)
Fundación 4 de novembro de 2005
Sede Vigo
Ideoloxía Galeguista
Centrismo progresista
Representación sen representación parlamentaria
Publicación oficial www.maisgalicia.eu/
Páxina web www.terragalega.eu/

Terra Galega (Tega) é un partido político de centro progresista e galeguista que se formou o 4 de novembro de 2005, aínda que está rexistrada dende maio dese ano.

Índice

[editar] Historia

Xurdiu da unión do Centro Democrático Independiente (CDI), Iniciativa Galega, Coalición Galega, Unidade por Narón e algunhas outras pequenas forzas locais que sumaban 4 alcaldes e 64 concelleiros en 32 concellos galegos; os estatutos de Terra Galega permiten a existencia de partidos federados no seu seo. No ano 2010 sufriu unha forte escisión, na que o seu Secretario Xeral Xoan Gato e gran parte da militancia abandonaron o partido para incluírse na formación Converxencia Galega.[1]

Celebrou o Congreso Constituínte o 20 de maio de 2006 coa participación de 500 compromisarios que elixiron a Pablo Padín, ex-conselleiro de sanidade, como presidente e a Xoán Gato, alcalde de Narón, como coordinador xeral. Guillermo Sánchez Fojo foi elixido como Vice-Coordinador Zona Norte, Xosé Luis Vilas Martín como Vice-Coordinador Zona Sur, Marian Ferreiro Díaz como Coordinadora Nacional da Mocidade. As xuventudes do partido reciben o nome de Mocidade de Terra Galega.

En outubro de 2006 Unión Ourensana integrouse na coalición e tamén 6 dos doce concelleiros do Partido Popular de Galicia en Arteixo. Nas eleccións municipais de 2007 presentou 63 candidaturas, sobre todo na provincia da Coruña, e acadou 66 concelleiros. O 12 de xullo de 2008 celebrou o seu II Congreso, no que Pablo Padín saíu reelixido presidente e Xermán Tobío novo secretario xeral[2]. Non obstante, o sector liderado por Xoán Gato impugnou o Congreso e conseguiu que, o 23 de agosto seguinte, o xulgado suspendese de forma cautelar os acordos tomados no mesmo, co que este recuperou o seu cargo de coordinador xeral [3]. A Xunta Electoral permitiu a Xoán Gato presentarse ás eleccións autonómicas levando as siglas de Tega, tendo que ir o outro sector do partido nunha coalición co Partido Galeguista chamada Máis Galicia.

O 27 de marzo de 2009 a xustiza deu a razón a Tobío e a Padín, desestimando a demanda presentada por Xoán Gato e outros. O sector de Xoán Gato convocou unha asemblea para o 25 de abril, para acordar se se integran no partido Terra galega ou forman un novo[4]. Finalmente, en setembro de 2010 celébrase a asemblea constituínte de Converxencia Galega, o novo partido de Xoán Gato.

[editar] Resultados electorais

En 2007 nas súas primeiras municipais obtiveron 3 alcaldías e 66 concelleiros, mellorando en 2 concelleiros os anteriores resultados dos membros da coalición situándose como cuarta forza política por enriba de EU. Os membros da coalición en 2003 tiñan: 24 concelleiros(CDI),15(IG) , 13(UN)e 12(CG).

En 2009 situáronse como quinta forza política detrás de UPyD.

En 2011 obtiveron 1 alcaldia e 23 concelleiros.

[editar] Notas

  1. http://www.galiciahoxe.com/politica-galicia/gh/converxencia-galega-nace-da-excision-terra-galega/idEdicion-2010-08-26/idNoticia-583143/
  2. Pablo Padín revalida a presidencia no Congreso de Terra Galega, Vieiros 13 de xullo de 2008
  3. La Voz de Galicia, 24 de agosto.
  4. O grupo de Gato decidirá o 25 de abril se crea un novo partido, A Nosa Terra.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas