Conserveras La Coca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°17′39″N 8°36′56″O / 42.294270941752, -8.6155434768414

Conservas La Coca, S.L.
TipoSociedade Limitada
Fundación1961
LocalizaciónAvenida de Mendiño, 38 Redondela 36800 Pontevedra Galicia Galicia
Persoas claveXosé Rodríguez Cabaleiro (xerente)
Industriaalimentación
ProdutosPeixe e marisco en conserva
Número de empregados41
Na rede
https://www.rodriguezpascual.es/web/
editar datos en Wikidata ]

Conservas La Coca é unha empresa conserveira galega con sede en Redondela. Foi fundada no ano 1961 por José Rodríguez Lago.[1] Após o seu pasamento en 1979, a dirección da empresa ficou en poder dos seus fillos. O seu principal nicho de comercio é a exportación exterior.

Descrición[editar | editar a fonte]

A súa sede atópase no fondo da ría de Vigo, na enseada de San Simón (Redondela). Entre as súas instalacións atópanse unha plante de procesado de peixes e mariscos, unha planta de embalaxe e un edificio de oficinas.

Entre os produtos que comercializa, destacan as conservas de atún, sardiñas, cefalópodos, ameixas, navallas, zamburiñas e ovos de ourizo de mar.

En 2002 os beneficios de facturación achegáronse aos 3 millóns de euros.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]