Álvaro das Casas
Álvaro María Casas Blanco, ou como asina as súas publicacións Álvaro de las Casas ou, cando escribe en galego Álvaro das Casas. Naceu en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro.
Índice |
[editar] Traxectoria
En Ourense cursou os seus estudos básicos e de bacharelato, trasladándose a Valladolid para cursar a carreira de Filosofía e Letras. Doutorouse en Ciencias Históricas e Xeográficas, feito que talvez inflúa na proposta de teatro histórico deste autor. Exerceu de catedrático e director do Instituto local de Noia, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses, alén de militante do Partido Galeguista e membro do Instituto Histórico do Minho aínda que no ano 1933 despois dunha longa polémica co Partido Galeguista funda a Vangarda Nazonalista Galega.
Precisamente nunha comunicación feita ao Instituto Histórico do Minho, na que fala do teatro no noso país, publica a súa proposta de teatro galego o cal, na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representábel en calquera punto de Galiza. Todos estes trazos achámolos na súa obra A Morte de Lord Sataüler (1929), onde demostra Álvaro das Casas que o arriba dito pode ser levado á práctica.
En 1936, con motivo da Guerra Civil, cae na obriga de se exiliar a Bos Aires (Arxentina), o seu lugar de residencia ata 1950. Neste mesmo ano, despois de se reconciliar co réxime franquista, volta ao Estado español, concretamente á cidade de Barcelona, onde finalizou os seus días o 8 de marzo dese mesmo ano.
[editar] Obra
Álvaro das Casas foi principalmente un autor dramático, o cal non lle impediu cultivar timidamente outros xéneros. A súa traxectoria como escritor está composta polas seguintes obras:
[editar] Teatro
- O Xardín do Castelo de Vidre (1926).
- A Morte de Lord Sataüler (1929).
- Pancho de Rábade. Via Crucis en Seis Estaciós (1931).
- O Tolo da Lastra (contido en Tres Conversas, 1930).
- A Gavilla (contido en Tres Conversas, 1930).
- Dente de Ouro (contido en Tres Conversas, 1930).
- O Outro (1930).
- Mátria (1935).
- Teatro dos Nenos (1936).
- Rechouchío (1936).
- Mitin (1936).
[editar] Poesía
[editar] Prosa
[editar] Ensaio
- A Illa de Ons (1932, Nós).
- Verbas aos Mozos Galegos (1933).
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Francisco Abeijón Núñez (2001), Álvaro de las Casas. Vida e obra, Noia: Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-22-X.
- Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (2003), Álvaro de las Casas. Biografía, documentos e epistolario, Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-633-9.