Oia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°00′N 8°52′W / 42.000°N 8.867°W / 42.000; -8.867

Oia
Escudo de Oia
Casa do Concello Ponte sobre o río Tamuxe
O Arrabal

Situacion Oia.PNG
Situación
Xentilicio[1] oiense
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Baixo Miño
Poboación 3.101 hab. (2012)
Área 83,3 km²
Densidade 37,23 hab./km²
Entidades de poboación 6 parroquias
Capital do concello Oia
Política (2011)
Alcalde Alejandro Rodríguez Rodríguez
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Oia
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 67,29%
Na rede
concellodeoia.es
info@concellodeoia.es

Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2012 tiña 3.101 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é oiense.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total (Habitantes) 3.101
Menores de 15 anos 371 (11.96 %)
Entre 15 e 64 anos 2.032 (65.53 %)
Maiores de 65 anos 698 (22.51 %)
Evolución da poboación de Oia (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
  2.639   2.677   2.893  3.095  2.912  3.227  3.179  3.101  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Toda a franxa occidental do concello dá ao mar. O relevo está marcado polas estribacións en dirección N-S da Serra da Groba, que chegan até os 600 metros de altitude e dos que parten vales estreitos que descenden até a ribeira, constituída por unha rasa litoral extensa. Aquí é onde se localizan os núcleos de poboación (Oia, Viladesuso, Mougás) e as escasas terras de cultivo. Noutro val paralelo á costa, entre os montes de Lousado e Corrubelo, sitúanse Loureza e Burgueira, parroquias nas que se cultiva aproveitando os socalcos. Ao sul atópase o val do Rosal.

Os cursos de auga son moi curtos, como o Carballás e o Tamuxe. As alturas máximas atópanse nos montes de Lousado (610 m) e no monte Pedrada 851 m. Nos montes atópanse piñeiros e eucaliptos e monte baixo de toxos e uces. A temperatura media anual é de 15 °C.

Historia[editar | editar a fonte]

Da Idade do Bronce atopáronse machados e hai gravados rupestres nos montes que miran para a costa. Porén, en abril de 2010 o sitio do Sobreiro[3], tamén chamado de Boaventura, na parroquia de Burgueira, foi esnaquizado por máquinas que acondicionaban o terreo para unha plantación de kiwis[4].

Hai abondosos restos castrexos, entre os que destaca o sitio arqueolóxico de Bouza Fariña, en Mougás. Nel atopouse un altar de sacrificios (actualmente no Museo de Pontevedra) con epigrafía latina. En Viladesuso houbo unha vila romana na que se atopou unha ara (actualmente no Museo Diocesano de Tui).

Mais a historia de Oia xira en volta do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia. Fundouno Afonso VII en 1132, como bieto, sendo o seu primeiro abade Pedro de Incio. En 1185 aceptou a reforma do Císter, someténdose á abadía de San Bernardo de Claraval; en 1547 incorporouse á congregación cisterciense de Castela.

O mosteiro foi desamortizado e vendido a particulares en 1835. A igrexa destinouse a igrexa parroquial baixo a advocación de Santa María a Real de Oia e desmembrándose da igrexa matriz, San Mamede de Pedornes.

Economía[editar | editar a fonte]

A poboación apenas aumentou en número desde comezos do século XX. A economía é de carácter agrario, pero non moi produtiva: explotación dos montes en mancomún, vacas (80% rubia galega), ovellas e cabalos, que se crían en liberdade e se concentran cada ano na rapa das bestas. A costa non se dá para as actividades pesqueiras, polo que estas son ocasionais e artesanais. Nos últimos anos aumentou o turismo debido á súa posición entre o Val Miñor e o Baixo Miño.

Colexios[editar | editar a fonte]

  • CEIP Mestre Manuel García

Deportes[editar | editar a fonte]

  • Oiense Club Fútbol (Fútbol)

Festas[editar | editar a fonte]

Parroquia de Santa María de Oia[editar | editar a fonte]

  • Romaría de San Sebastián. Celébrase no mes de xaneiro, o fin de semana máis próximo ao día 20.
  • Romaría de Nosa Señora da Virxe da Mar. Celébrase o luns seguinte ao Domingo de Pentecoste.
  • Romaría de San Cosme e San Damián. O 27 de setembro. Na baixada do mosteiro ao porto hai unha fonte da que segundo a tradición popular os romeiros collían auga polos seus poderes milagreiros.

Galería de imaxes de Oia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Oia.
Mosteiro de Oia.  
Rúa no Arrabal.  
Ermida de S. Sebastián, no Arrabal.  
San Pedro de Burgueira.  
San Mamede de Loureza.  
San Mamede de Pedornes.  

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Oia

Burgueira (San Pedro) | Loureza (San Mamede) | Mougás (Santa Uxía) | Oia (Santa María) | Pedornes (San Mamede) | Viladesuso (San Miguel)

Lugares de Oia[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oia vexa: Lugares de Oia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oia Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca do Baixo Miño Comarca do Baixo Miño
A Guarda
A Guarda
Oia
Oia
O Rosal
O Rosal
Tomiño
Tomiño
Tui
Tui