Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madrid-MetroCercanias.SVG Bilbao Abando-Indalecio Prieto
Bilbao Abando 16-07-2008 001.jpg

Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto
Concello: Bilbao
Servizos:
Alta Velocidade:
Longa Distancia: Alvia, Arco, Diúrno, Estrella, Talgo
Media Distancia:
Proximidades: IconoC1.png C-2 green.png C-3 light blue.png
FEVE: Bilbao-Concordia
Metro: IconoL1.png IconoL2.png
Autobuses:
Outros: EuskoTran EuskotranA.PNG
Máis información: {{{web}}}

A estación ferroviaria intermodal Abando-Indalecio Prieto é o nome que recibe a estación anteriormente coñecida como Bilbao-Abando (Estación do Norte) de Bilbao, situada no barrio de Abando. Dita estación enmárcase dentro do proxecto da Y vasca, co Tren de Alta Velocidade que comunicará ás tres capitais vascas.

Índice

Historia e características [editar]

A estación encóntrase en pleno centro de Bilbao, na praza Circular, na confluencia da Gran Vía a rúa Hurtado de Amézaga. Consta dun centro comercial e de lecer (Vialia) así como unha entrada directa á estación de Abando do Metro de Bilbao e accesos directos ás distintas liñas de Cercanías Renfe.

O nome elixido , decidido polo Ministerio de Fomento, é a unión do antigo nome da estación (por se-la principal estación do barrio de Abando, antiga anteigrexa de San Vicente de Abando) e o dun bilbaíno ilustre do s. XX (aínda que nacido en Asturias), Indalecio Prieto, dirixente do PSOE e ministro de Facenda e de Obras Públicas durante o primeiro bienio da Segunda República (cargo dende o que promoveu o desenvolvemento de infraestruturas ferroviarias). O nome foi decidido en 2006 polo Ministerio de Fomento (durante unha lexislatura presidida polo mesmo PSOE) e conta co rexeitamento do resto de partidos vascos (PNV, EA, EB, Aralar e PP).[1]

Servizos [editar]

  • Centro Comercial.
  • Aparcadoiro.
  • Parada de taxi e autobuses.
  • Conexións a Metro Bilbao, FEVE, EuskoTran, Bilbobus e Bizkaibus.
  • Restaurantes.
Interior

Proximidades [editar]

C1.png
C2.png
C3.png

As tres liñas do núcleo de Renfe Proximidades de Bilbao, denominado Aldirikoak Renfe, teñen como estación terminal esta estación. Os trens estacionan no piso superior, ocupando o tramo entre as vías da 1 á 5.

Esta estación corresponde á zona 0.

Longa Distancia / Grandes Liñas [editar]

Liñas [editar]

Andens 4 e 5
  • Diúrno
    • Bilbao-Abando - Salamanca

Metro de Bilbao [editar]

L1grande.pngL2grande.pngZonaA.png Abando é unha estación do metro de Bilbao subterránea, situada no céntrico barrio bilbaíno de Abando e inaugurada o 11 de Novembro de 1995. Conecta por unha das súas saídas coa estación de Renfe. É a estación máis concorrida de toda a rede do Metro de Bilbao, cuns datos interanuais de 6.569.655 de viaxeiros.

A súa tarifa corresponde á da zona A.

Accesos [editar]

  • Rúa Gran Vía Nº1 (Praza Circular) (saída Gran Vía/Praza Circular)
  • Rúa Berastegi Nº1 (saída Berastegi)
  • Estación RENFE (saída Estación Abando - Renfe)

Ascensor [editar]

  • Rúa Gran Vía nº1 (Praza Circular)

EuskoTran [editar]

A estación de EuskoTran de Abando encóntrase na Rúa Navarra de Bilbao, xunto ás estacións terminais de RENFE e FEVE. A estación pertence á liña A de EuskoTran.

FEVE [editar]

Novo acceso á estación de Bilbao-Concordia dende a estación de Abando.

Recentemente remodelada, xunto á estación de Abando-Indalecio Prieto encóntrase a estación de Bilbao-Concordia de FEVE, que é unha estación terminal de trens de cercanías, rexionais e longa distancia de FEVE.

Liñas [editar]

Bilbobus e Bizkaibus [editar]

No exterior da estación sitúanse tres paradas de Bizkaibus, con conexión cara ós concellos da Marxe Esquerda, Busturialdea e Duranguesado; e cinco paradas de Bilbobus, con conexión a todos os distritos da cidade, con estas liñas: ; os Microbuses: A1, A2, A5: e os servizos nocturnos Gautxori: G2 , G3 , G4, G5 , G6 , G7 ,G8.

Conexións [editar]

Procedencia/Destino Anterior/Seguinte Liña Anterior/Seguinte Procedencia/Destino
Plentzia Moyua Metro IconoL2.png Casco Viejo Etxebarri
Portugalete Moyua Metro IconoL1.png Casco Viejo Etxebarri
Santurtzi Zabalburu Proximidades IconoC1.png Zabalburu Abando
Muskiz Zabalburu Proximidades C-2 green.png Zabalburu Abando
Orduña La Peña Proximidades C-3 light blue.png La Peña Abando
Basurto Pío Baroja EuskoTran EuskotranA.PNG Arriaga Atxuri
Valmaseda Ametzola FEVE Ametzola Bilbao-Concordia


Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: