Aeroporto da Lavacolla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Santiago de Compostela
Aeroporto de Lavacolla

AeroportodeSantiago31mar2007-01.jpg

IATA: SCQ – ICAO: none
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Cidade/Illa Santiago de Compostela
Ubicación A Lavacolla, Sabugueira
Elevación (msnm) 1213 pés / 330 metros
Coordenadas 42°53′47″N 8°24′55″W / 42.89639°N 8.41528°W / 42.89639; -8.41528
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
17/35 10498 3200 asfalto
Estatísticas (2008)
Número de pasaxeiros 1.917.466
Operacións 21.945
Carga (ton.) 2.418.798
Sala de espera.

O Aeroporto de Santiago de Compostela (código IATA SCQ), no pasado tamén coñecido como Aeroporto da Lavacolla, é un aeródromo situado preto da capital de Galicia, concretamente na Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela.

Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. É o único aeroporto galego que realiza viaxes transcontinentais, realizándose en tempada alta cara a Caracas e Bos Aires, así como outros de tipo charter a destinos como Estambul, Praga, Ibiza, Xenebra, Almería ou Menorca.

Índice

[editar] Historia

O aeroporto de Santiago de Compostela comenza a súa andaina no ano 1932, cando un grupo de aficionados da aeronáutica construe un aeroclube na cidade, máis concretamente, no térmo municipal da Lavacolla. Nos seus inicios, o aeroporto contou con tres zonas de aterraxe formando un triángulo de pistas de dimensions 1100 por 200 m, 950 × 150 m e 600 × 125 m.

O aeroporto adquire protagonismo militar coa chegada da Guerra Civil española, e non é ata 1937 cando inícianse os servizos comerciais regulares, coa liña Santiago-Salamanca-Valladolid-Zaragoza, operando nun aeroporto que só contaba cun simple barracón de madeira para albergar ós pasaxeiros.

No ano 1948 inícianse obras de asfaltado da pista e no ano 1953 constrúense a pista de rodadura e o estacionamento. Non é ata os anos sesenta cando podemos falar dun gran aeroporto comercial, posto que é nesta década cando realízanse obras de especial trascendencia, como son o parque contra incendios, a nova torre de control, melloras nas pistas de aterraxe e de rodadura, e constrúense a nova terminal de pasaxeiros.

Nos anos 80 construese a terminal de carga, que tense que amplar posteriormente debido á forte demanda de mercancías que sufre Santiago polo aire. Un factor fundamental na operatividade do aeroporto foi a instalación do sistema ILS Cat II/III no ano 1993, que permite á aviación operar en condicions meteorolóxicas de baixa visibilidade e reducir así as cancelacions e desvíos de voos.

Xa por último, é necesario recalcar a importancia do Ano Santo Compostelano (celébrase cando o 25 de xullo coincide en domingo) para o aeroporto, posto que sempre que coincidiu có mesmo, leváronse a cabo importantes melloras. Co motivo do Ano Santo de 2010 constrúese unha nova terminal de pasaxeiros.

[editar] Aeroliñas e destinos

As siguintes aeroliñas operan dende Aeroporto da Lavacolla:[1]

[editar] Comunicacións

Edificio da terminal do aeroporto

O aeroporto encóntrase comunicado coa cidade de Santiago de Compostela a través da autovía A54, dende a cal accedese fácilmente cara ao centro da cidade a través do periférico SC20. Grazas á autopista AP-9 (de pago) é posible chegar ó centro de Santiago de Compostela dende Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. O mesmo ocurre có ferrocarril da Renfe, que opera con trenes cada hora entre as cidades da Coruña e Vigo e dende aí desprazarse ó aeroporto.

O autobús é unha das opcións coas que conta o aeropuerto de Santiago, con servicios dende as 6.50 da mañaná ata as 23.30, todos eles procedentes da estación de autobuses de Santiago e da rúa Doutor Teixeiro, que se encuentra en pleno centro da cidade. Existen tamén dúas líñas de autobús directas dende as ciudades da Coruña (1 servicio diario) e Lugo.

Xa por último, existe a posibilidade de tomar un taxi asa ou dende o centro da cidade, outra boa opción dado que existe unha tarifa fixa no ano 2010 de €20.

[editar] Datos de tráfico

Dende a implantación no aeroporto das compañías de baixo coste, como Ryanair, Vueling, ou easyJet, o aeroporto experimentou un aumento progresivo do número de pasaxeiros, aínda que perdeu peso na cota de mercado dos tres aeroportos galegos, movendo por primiera vez en años, menos do 50 % do total de pasaxeiros de Galicia.

É o 17º aeroporto na clasificación a nivel nacional de tráfico aéreo e é o 9º aeroporto na clasificación de tráfico aéreo da Península Ibérica (datos 2007). Durante o ano 2007 produciuse un aumento do número de pasaxeiros do 2.8 % con respecto ó ano 2006 e o número de operacións descendiu nun 0.3 %.

En canto ó número de mercancías transportadas, destaca un forte descenso nos últimos anos pasando do ano 2000 de 6.733.877 kg a 2.749.984 kg no 2007.


O seu código IATA é SCQ e o seu código OACI LEST.

Destinos Nº de Pasaxeiros 2009 Nº de Pasaxeiros 2007
Madrid 796.716 679.561
Barcelona 283.564 355.652
Palma de Mallorca 127.811 163.463
Tenerife 90.904 101.007
Reus 71.988 -
Londres 69.482 95.471
Lanzarote 49.861 61.711
Roma 46.953 63.206
Gran Canaria 44.451 72.733
Hahn 41.282 44.973
Málaga 41.192 28.033
Bilbao 39.943 50.019
Alacant 39.704 13.520
París 37.048 35.222
Valencia 35.976 41.389
Fuente: AENA
Ano Nº de pasaxeiros Kg Mercancías Operacións
2000 1.332.896 6.733.877 19.660
2001 1.281.334 6.288.793 19.084
2002 1.240.730 5.716.382 17.362
2003 1.381.826 5.318.564 18.454
2004 1.580.675 4.938.613 21.593
2005 1.843.118 3.805.386 25.693
2006 1.994.519 2.587.799 24.712
2007 2.050.121 2.749.984 24.637
2008 1.917.466 2.418.798 21.945
2009 1.944.068 1.988.641 20.166
Fonte: AENA

[editar] Nova terminal e melloras previstas

O 4 de maio de 2007 AENA presentou o proxecto da nova terminal de pasaxeiros do aeroporto de Santiago de Compostela, que tenrá capacidade para máis de 4 millóns de pasaxeiros. O edificio tenrá un total de 74.230 e contará con 32 mostradores de facturación, 8 hipódromos de recollida de equipaxes, 12 portas de embarque e 3.665 prazas de aparcadoiro. Pretendíase inaugura-la no 2010, coincidindo có próximo ano Santo compostelano, pero finalmente será inaugurada na segunda metade de 2011.

Entre outras melloras aeroportuarias previstas nas actuais instalacións, están a mellora da capa de rodadura da pista de aterraxe, ampliación da plataforma de aeronaves, intervencións no sistema eléctrico, melloras dos aparcadoiro e outras pequenas intervencións no interior da actual terminal.

[editar] Aeroportos en Galicia

En Galicia a máis do Aeroporto de Santiago de Compostela hai dous aeroportos con conexións internacionais:

Tamén hai varios aeródromos (Ponteareas, Monterroso, Lugo, etc.), que permiten gozar aos afeccionados da aviación.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

[editar] Notas

  1. Destinos del Aeropuerto de Santiago en www.aena.es, consultado el 1 de marzo de 2009

[editar] Galería de imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas