Caldas de Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caldas de Reis
Escudo de Caldas de Reis
Ayuntamiento 001. Caldas de Reyes.jpg

Casa do Concello de Caldas de Reis.
Situacion Caldas de Reis.PNG
Situación
Xentilicio[1] caldense
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca de Caldas
Poboación 10060 hab. (2011)
Área 68,2 km²
Densidade 147,51 hab./km²
Entidades de poboación 9 parroquias
Capital do concello Caldas De Reis
Política (2011)
Alcalde Juan Manuel Rey Rey
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 8
Outros: 1 - ICDR
Eleccións municipais en Caldas de Reis
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 94,61%
Na rede
http://www.caldasdereis.com/
caldasdereis@fegamp.es

Caldas de Reis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no ano 2009 tiña 10.036 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é caldense.

Localización[editar | editar a fonte]

Limita cos concellos de Vilagarcía de Arousa, Catoira, Valga, Cuntis, Moraña, Portas e Vilanova de Arousa.

Está situado na depresión que cruza Galiza de norte a sur desde Santiago de Compostela até Tui, a 21 km de Pontevedra. Trátase dun concello densamente poboado que constitúe un dos centros comarcais de máis tradición e cuxa influencia se estende até Pontecesures, Cuntis e Campo Lameiro.

É cabeceira de Partido Xudicial desde 1988 (antes pertencía a Pontevedra). Pertence ao arciprestado de Moraña e á diocese de Santiago.

Poboación[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa describe o crecemento de poboación en Caldas de Reis:

Evolución da poboación de Caldas de Reis (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
  7.505   8.319   9.376   8.702   9.522  10.036  10.060  {{{8}}}  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Censo Total (Habitantes) 10.008
Menores de 15 anos 1.392 (13.91 %)
Entre 15 e 64 anos 6.608 (66.03 %)
Maiores de 65 anos 2.008 (20.06 %)

Orografía e climatoloxía[editar | editar a fonte]

O río Umia percórreo de norte a sur. Predominan os terreos de pendente escasa, a excepción dunha faixa de montañas no leste e o monte Xiabre (647 m), o que, en combinación coas elevadas precipitacións, ocasiona inundacións con certa frecuencia. A temperatura oscila entre os 12 °C e os 14 °C con máximas en xullo (20 °C) e mínimas en xaneiro (7 °C).

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros poboadores coñecidos foron os cilenos. Os romanos establecéronse atraídos polas fontes termais (de onde procede o nome da vila: Aquae Celenae. A vila aparece no itinerario de Antonino, dentro da vía XIX, que unía Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga).

Caldas foi sede episcopal até 569, ano en que esta pasou a Iria. Durante este tempo viuse axitada polo priscilianismo e foi sede dun concilio de bispos galegos convocado polo papa San León no ano 400.

Caldas denomínase "de Reis" porque acolleu a Afonso VII de Castela (fillo de dona Urraca e de Raimundo de Borgoña, conde de Galiza). O castelo que a raíña tiña foi derrubado para, coas súas pedras, construír a igrexa de Santo Tomás. Esta igrexa disque se dedicou a San Tomás de Canterbury, que pasou pola vila facendo o Camiño de Santiago, que transcorre por ela desde Portugal.

Caldas de Reis foi declarada vila de reguengo por Filipe II.

Patrimonio histórico-artístico[editar | editar a fonte]

O principal achado arqueolóxico no concello de Caldas está representado polo tesouro de Caldas, valiosísimo conxunto de pezas datadas entre o 1500 e 1600 a.C. e descubertas casualmente en 1940. Suponse que o tesouro estaba formado por un total de 25 kg de ouro, dos que só se conservan 14,9 kg, no Museo de Pontevedra, formado por un peite, tres vasos, 31 lingotes (28 curvos e 3 barras) e 6 anacos dunha lámina de tiras, todo o cal constitúe a maior acumulación de ouro de toda a Prehistoria europea. No Auditorio de Caldas de Reis consérvase unha reprodución. Museo de Pontevedra.

Hai varios castros (Santa María, Bemil, Follente, Outeiro e Castelo), pazos (O Monte, Casalnovo) e casas grandes (Santa María de Caldas, Santa María de Bemil, Santo Andrés de Cesar, Santo Estevo de Saiar).

A ponte de Bermaña, no centro da capital municipal, é de orixe romana (62 a. C. - 409 d. C.) e reformada en época de medieval (século XVI). Está formada por tres arcos de medio punto, con dobre pendente, e posúe catro apartadoiros, nun dos cales levantouse posteriormente un cruceiro. Outras pontes medievais son as de Castaños e de Segade.

Economía[editar | editar a fonte]

O concello mantén relacións económicas importantes coa ría de Arousa e Pontevedra e ten un crecemento demográfico positivo. Predominan as actividades agrarias, se ben o sector secundario ocupa á metade da poboación entre a industria (química básica, leite (CLESA), alimentación (CLAVO), metalurxia, moble, etc.) e a construción. As augas termais atraen a bastantes turistas.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Na gastronomía destacan as empanadas de lamprea e o pan. No municipio é moi popular un tipo de pan de trigo coñecido coma pan de manteiga porque se usa na súa preparación manteiga de vaca. O pan é de miolo moi compacto sen apenas buratos, codia suave e branda, e o sabor moi lixeiramente graxo. Cócese en forma de pezas de un quilo ou en pezas pequenas (moletes e cornechos). Tamén é peculiar o roscón, típico da Semana Santa, que ten unha curiosa forma antropomorfa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Caldas de Reis

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Caldas de Reis

Arcos da Condesa (Santa Mariña) | Bemil (Santa María) | Caldas de Reis (San Tomé e Santa María) | Caldas de Reis (Santa María) | Carracedo (Santa Mariña) | Godos (Santa María) | Saiar (Santo Estevo) | San Clemente de Cesar (San Clemente) | Santo André de Cesar (Santo André)

Lugares de Caldas de Reis[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Caldas de Reis vexa: Lugares de Caldas de Reis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caldas de Reis Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Concellos da Comarca de Caldas Comarca de Caldas
Caldas de Reis
Caldas de Reis
Catoira
Catoira
Cuntis
Cuntis
Moraña
Moraña
Pontecesures
Pontecesures
Portas
Portas
Valga
Valga