Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baiona (homónimos).
Baiona
Bandeira de Baiona Escudo de Baiona
Vista do porto de Baiona desde Monterreal-cropped.jpg
Panorámica do porto de Baiona.
Situación
Situacion Baiona.PNG
Xentilicio[1] baionés / baionesa
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Vigo
Poboación 12.258 hab. (2011)
Área 34,5 km²
Densidade 340,6 hab./km²
Entidades de poboación 49
Capital do concello Baiona
Política (2011)
Alcalde Jesús Vázquez Almuíña (PP)
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 4
Outros: UPyD - 1
Eleccións municipais en Baiona
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 93,35 %
Sitio web oficial
www.baiona.org

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2010 tiña 12.154 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés.

Índice

[editar] Xeografía

Limita cos concellos de Nigrán, Gondomar e Oia. Diferéncianse dúas zonas, o interior, que se ergue até altitudes que superan os 600 m no Alto da Groba e no alto da Gabiñeira e a costa, bañada polo océano Atlántico e con outeiros que permiten enxergar a ría e as Illas Cíes. A parte norte desta é rochosa e nela atópanse illotes como Illa Carral e Illa Negra; na parte sur hai sobre todo praias.

Os ríos son todos pequenos, destacando o río da Groba, que serve de límite con Gondomar e o río Miñor, que desauga na ría. As temperaturas son suaves.

O 25 % da poboación vive na capital, Baiona.

[editar] Historia

O 7 de maio de 1201 o rei o rei galego-leonés Afonso IX concedeulle a Carta Póboa, na que se permite o troco de nome do primitivo núcleo Erizana a Baiona, e en 1495 Xoán II outorgoulle ao porto o privilexio, compartido coa Coruña, de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior. O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, logo de extraviarse no medio do Atlántico, tocou porto por primeira vez aquí ao regreso da primeira viaxe de Colón.

[editar] Demografía

Evolución da poboación de Baiona - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 4.423   5.596  6.420  9.702  11.337  12.154  12.258
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


[editar] Economía

A economía de Baiona está orientada cara ao turismo, destacando o Parador Nacional de Baiona, así como o comercio minorista. A agricultura é de autoconsumo, se ben tamén se venden localmente os produtos da horta. Hai pesca de baixura e marisqueo.

As empresas son do sector da alimentación, os transformados metálicos e a madeira e destaca a construción.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Baiona.

[editar] Parroquias de Baiona

Galiza | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baredo (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)


[editar] Lugares de Baiona

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baiona vexa: Lugares de Baiona.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca de Vigo Comarca de Vigo
Baiona
Baiona
Fornelos de Montes
Fornelos de Montes
Gondomar
Gondomar
Mos
Mos
Nigrán
Nigrán
Pazos de Borbén
Pazos de Borbén
O Porriño
O Porriño
Redondela
Redondela
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas
Soutomaior
Soutomaior
Vigo
Vigo
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas