Vilaboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°21′35″N 08°38′18″W / 42.35972°N 8.63833°W / 42.35972; -8.63833

Vilaboa
Bandeira de Vilaboa Escudo de Vilaboa
CVilaboa.jpg
Casa do Concello.
Situación
Situacion Vilaboa.PNG
Xentilicio[1] vilaboés
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca de Pontevedra
Poboación 5978 hab. (2009)
Área 36,9 km²
Densidade 162,01 hab./km²
Entidades de poboación 5 parroquias
Capital do concello San Martiño de Vilaboa
Política (2011)
Alcalde José Luis Poceiro Martínez (PSdG)
Concelleiros BNG: 4
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 5
Outros: -
Eleccións municipais en Vilaboa
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 96,37%
Páxina web oficial
http://www.vilaboa.org/

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2009 tiña 5.978 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Índice

Historia [editar]

Os restos máis antigos de asentamentos humanos datan da época dos megálitos. A mámoa do Rei está situada no camiño que rodea o lago de Castiñeiras. Conta con cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos diferenciados. Ten uns 5.000 anos, e foi restaurado no 2003. Preto del hai 8 mámoas do neolítico.

As mámoas da Chan da Cruz foron escavadas en 1972, 1983 e 1984.

Do período castrexo consérvanse os restos dun castro no lugar de Acuña, coñecido como castro de Monte da Croa. Conta con murallas, e nel foron atopados utensilios de uso caseiro.

Da época da romanización consérvanse restos da Via XIX do itinerario de Antonino, coñecida como a vía per loca maritima. Desde o medievo, por esa vía discorre a vía portuguesa do camiño de Santiago.

O topónimo de Vilaboa ten orixe latina, de Villam Bonam, "Casa de campo boa".

Da Idade Media consérvanse os alicerces do castelo de Santo Adrián de Cobres, ademais de vestixios románicos na igrexa de San Martiño de Vilaboa.

O castelo de Uveiras foi construído cara aos séculos XIV e XV e foi destruído pola armada anglo-holandesa en 1702 na batalla de Rande. Atópase a uns 100 m de altitude, e na actualidade consérvanse os alicerces e parte dos muros, cunha altura máxima de 5 m e unha anchura de 1,5 m. A forma adáptase á topografía do terreo, con esquinas en ángulo e un pequeno bastión no lado nordés. O terreo cae en pendente pronunciada cara ao sueste, e en pendente suave cara o nordés. Na zona localizáronse restos de ánforas e cerámica romana.

As salinas do Ulló foron explotadas desde 1694 polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra. No mesmo lugar construíuse a finais do século XIX un muíño de mareas, do que apenas quedan restos.

Durante o antigo réxime as terras do concello pertencían á xurisdición de Pontevedra, señorío do arcebispado de Compostela.

En 1821 constituíronse como concellos Cobres e Vilaboa, que se fusionaron en 1835.

Recentemente, vivíronse dous conflitos sociais de certa importancia no concello. Houbo unha forte mobilización veciñal ante a construción do tramo da AP-9 entre a ponte de Rande e Pontevedra. Entre 1997 e 1999 houbo fortes protestas ante o proxecto de construción dunha empacadora de residuos da empresa Sogama en Bértola e Figueirido.

Poboación [editar]

Os seus 5.935 habitantes están repartidos nas súas cinco parroquias, o que dá a imaxe dunha dispersión da poboación notable. Ademais, o concello conta cunha das colonias musulmás máis grandes de Galicia, que ronda as 200 persoas. A capital do concello é O Toural.

Censo Total (Habitantes) 5.965
Menores de 15 anos 757 (12.69 %)
Entre 15 e 64 anos 3.816 (63.97 %)
Maiores de 65 anos 1.392 (23.33 %)

Galería de imaxes [editar]

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilaboa.

Parroquias [editar]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa

Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Lugares de Vilaboa [editar]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Vilaboa.

Notas [editar]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca de Pontevedra Comarca de Pontevedra
Barro
Barro
Campo Lameiro
Campo Lameiro
Cotobade
Cotobade
A Lama
A Lama
Poio
Poio
Ponte Caldelas
Ponte Caldelas
Pontevedra
Pontevedra
Vilaboa
Vilaboa