Salvaterra de Miño
| Salvaterra de Miño | |
|---|---|
| Casa do Concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | salvaterrense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Comarca | Comarca do Condado |
| Poboación | 9293 hab. (2009) |
| Área | 62,5 km² |
| Densidade | 148,69 hab./km² |
| Entidades de poboación | 17 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Arturo Grandal Vaqueiro (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais en Salvaterra de Miño | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 97,98% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.concellodesalvaterra.org | |
Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2009 tiña 9.293 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».
Índice |
Xeografía [editar]
O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (á outra beira do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia de Caldelas de Tui (Tui).
Poboación [editar]
| Censo Total (Habitantes) | 9.677 |
| Menores de 15 anos | 1.290 (13,33 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 6.405 (66,19 %) |
| Maiores de 65 anos | 1.982 (20.48 %) |
Historia [editar]
O 24 de maio de 991 Don Bermudo doou á igrexa de Santiago o señorío e val de Salvaterra, que herdara do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX, para facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais.
Segundo relata Vasco da Ponte, Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltando a guarnición de Salvaterra.
En 1568 o señor de Salvaterra era Diego Sarmiento, que acudiu con cincocentos homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.
Tralas guerras entre Teresa de Portugal e Urraca de Castela, Salvaterra pertenceu a Portugal até 1643, cando foi ocupada poras tropas castelás.
Patrimonio histório e artístico [editar]
- Covas de Dona Urraca
- Murallas do século XVII
- Capela da Oliveira
- Igrexa de San Lourenzo de Salvaterra
Pazos [editar]
- Pazo de Lira
- Pazo-torre de Petán
- Portalón da Inquisición
- Pazo de Barreiras
- Pazo da Fillaboa
- Pazo de San Amaro
- Pazo do Piñeiro
- Pazo de Souto
Pazo de Dona Urraca [editar]
O castelo de Salvaterra, tamén coñecido como castelo de Dona Urraca, é unha fortaleza medieval situado ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9.700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.
O castelo de Salvaterra e o seu contorno histórico foi declarado en 1949 Ben de Interese Cultural.
Festas e celebracións [editar]
- Festa do viño do Condado.
- Festival da Poesía no Condado.[3]
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salvaterra de Miño
Parroquias [editar]
Lugares de Salvaterra de Miño [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salvaterra de Miño vexa: Lugares de Salvaterra de Miño.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ SCDCondado.org
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Oya Pérez, Elisa. Informe Económico año 2004 Antena Salvaterra de Miño (en castelán).
| Concellos da Comarca do Condado | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mondariz |
Mondariz-Balneario |
As Neves |
Ponteareas |
Salvaterra de Miño |
||||||
|
|||||