Rodeiro
| Rodeiro | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | wikt: |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Comarca | Comarca do Deza |
| Poboación | 3092 hab. (2010) |
| Área | 154,9 km² |
| Densidade | 19,96 hab./km² |
| Entidades de poboación | 20 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Luís López Diéguez (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 4 Outros: {{{outros}}} |
| Eleccións municipais en Rodeiro | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,24% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.rodeiro.org | |
Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.092 habitantes.
Índice |
Xeografía[editar]
Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.
Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.
Poboación[editar]
| Censo Total (Habitantes) | 2.931 |
| Menores de 15 anos | 229 (7.81 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.631 (55.64 %) |
| Maiores de 65 anos | 1.071 (36.54 %) |
Historia[editar]
No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.
A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.
En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra.
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rodeiro.
Parroquias[editar]
Lugares de Rodeiro[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rodeiro vexa: Lugares de Rodeiro.
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
| Concellos da Comarca do Deza | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Agolada |
Dozón |
Lalín |
Rodeiro |
Silleda |
Vila de Cruces |
|
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |