Dozón
| Dozón | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | wikt: |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Deza |
| Poboación: | 1.744 hab. (2011) |
| Área: | 74,2 km² |
| Densidade: | 23,50 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 8 parroquias |
| Capital do concello: | O Castro |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Adolfo Campos Panadeiros (PP) |
| Concelleiros: | BNG: 2 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 0 Outros: - |
| Eleccións municipais en Dozón | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 98,86 % |
| Sitio web oficial | |
| Non disponible | |
Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.781 habitantes.
| Evolución da poboación de Dozón - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 2.750 | 2.636 | 2.506 | 2.492 | 2.030 | 1.781 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello está situado no norleste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao norleste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense). Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.
Está situado nas terras altas do val do río Deza, na vertente Oeste da Dorsal Occidental Galega, nos contrafortes das serras do Faro e dos montes do Testeiro, a altitude media é superior os 740 m. O teito do concello constitúeo a Pena de Francia, de 914 m. Tamén destacan os montes Cubelos (833 m) a Gándara (870 m), estas elevacións forman a divisoria das augas das concas do Miño e do Ulla, e e Coto da Lebre (770 m).
Neses montes nacen diversos ríos e regatos, que conforman unha extensa rede fluvial. O río Asneiro, tamén chamado Dozón, nace nas proximidades da Pena de Francia. Dá nome á zona, e é popularmente coñecido coma Deza debido a un erro ortográfico na cartografía do século pasado.
[editar] Historia
Nun documento do ano 832 hai unha referencia a Dezón, manténdose este topónimo até o século XIII. En 1226 aparece o topónimo actual, nun documento no que Gonzalo Rodríguez subscribe coma primeiro titular o establecemento do arcediagado de Dozón.
No termo municipal está establecido o nacemento do lendario rei Vamba[Cómpre referencia]. No século X converteuse en Real Couto de Dozón por iniciativa do rei Sancho I de León e da súa muller, logrando privilexios coma a exención do pago de impostos. O Real Couto foi orixinariamente señorío da abadesa do mosteiro de San Pedro de Dozón, pero máis tarde converteuse en señorío do abade do mosteiro de Oseira, do que aínda se conservan escudos nalgún dos edificios máis senlleiros da bisbarra.
Durante o reinado de Filipe II, Dozón converteuse en Reguengo.
[editar] Patrimonio
A vila do Castro aséntase sobre un dos moitos castros fundados na idade de Bronce, dos que aínda se conservan numerosas pegadas. Destacan polo seu bo estado de conservación o castro de San Breixo, en Maceiras, e o de Santa María, na parroquia de Dozón.
Do período da romanización consérvanse súas pontes e restos dunha calzada cara ás terras de Camba.
A igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón é un templo románico do século XII. A igrexa de Santa María de Dozón ten elementos pertencentes ao barroco. Ademais das outras igrexas parroquiais, están as ermidas de San Domingos en Sanguiñedo, a de Santo Amaro e O Pilar, no Sisto, e a da Virxe da Pena de Francia.
[editar] Lugares de Dozón
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Dozón vexa: Lugares de Dozón.
[editar] Parroquias
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Dozón.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |