Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Domingo
Instancia de
Subclase de
Parte de
Precedido por
Sucedido por
Wikidata C:Commons
O domingo é o sétimo día da semana . O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús .
Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego , tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira [ 1] , soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito ) e Vilachán (en Tomiño )[ 2] . O termo "primeira feira" procede do latín prima feria (ou feria prima )[ 3] .
Domingo nas distintas linguas de Europa.
Lingua
Nome
Significado
Alemán
Sonntag
Día do Sol
Búlgaro
Неделя/Nedelia
Día que non se traballa
Catalán
Diumenge
Día do Señor
Checo
Neděle
Día que non se traballa
Chinés Tradicional
星期天/Xīng Qī Tian 星期日/Xīng Qī Rī
Día do Paraíso Día do Sol
Español
Domingo
Día do Señor
Éuscaro
Igandea
"Igan Handia" ("O cumio da suba da lúa chea")
Francés
Dimanche
Día do Señor
Holandés
Zondag
Día do Sol
Inglés
Sunday
Día do Sol
Irlandés
Dé Domhnaigh
Día do Señor
Islandés
Sunnudagur
Día do Sol
Italiano
Domenica
Día do Señor
Noruegués
Søndag
Día do Sol
Quechua
Inti P'unchay
Día do Sol
Polaco
niedziela
Día que non se traballa
Portugués
Domingo
Día do Señor
Romanés
Duminica
Día do Señor
Ruso
Воскресенье/Vaskriesienie
Resurrección
Xaponés
日曜日/Nichiyoubi
Día do Sol
Grego
Κυριακή (Kyriakí)
Día do Señor
Algún día será domingo e martes de entroido [ 4]
Cada martes ten o seu domingo [ 5]
Cando chove o domingo antes da misa, toda a seman vai de risa [ 6]
Cando o ano entrare en domingo, vende os bois e merca millo [ 7]
Cando o domingo chove dispois da misa, a semaniña enteira vaise de risa [ 8]
Día de entroido e domingo de páscoa, cada larpeiro na sua casa [ 9]