Nosa Señora de Lourdes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
A gruta onde apareceu Nosa Señora de Lourdes.

Nosa Señora de Lourdes, coñecida comunmente como Virxe de Lourdes, é unha advocación da Virxe María.

Historia[editar | editar a fonte]

A advocación de Nosa Señora de Lourdes fai referencia ás dezaoito aparicións da Virxe María que Bernadette Soubirous (1844 -1879) afirmou ter presenciado na gruta de Massabielle, a beiras do río Gave de Pau, nos arredores da cidade francesa de Lourdes.

Xa en vida de Bernadette, multitude de católicos creron nas aparicións da Virxe María como vehículo da graza de Deus, e o papa Pío IX autorizou o bispo local para que permitise a veneración da Virxe María en Lourdes en 1862,[Cómpre referencia] uns dezasete anos antes da morte de Bernadette.

Bernadette Soubirous foi proclamada santa por Pío XI o 8 de decembro de 1933.[Cómpre referencia] Dende entón, a advocación da Virxe María como Nosa Señora de Lourdes foi motivo de gran veneración, e o seu santuario é un dos máis visitados do mundo: uns 8 000 000 de persoas peregrinan alí cada ano.[Cómpre referencia]

A Igrexa Católica invoca á Nosa Señora de Lourdes como patroa dos enfermos.[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]