Home

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Símbolo do sexo masculino, tamén coñecido como "lanza de Marte" ou "frecha de Ares".
Home

O home[1] (Gl-home.ogg pronunciación ), ou varón[2], é un ser humano macho, de sexo oposto á muller. Este tipo de oposición non é antinómica: existen casos intermedios tanto bioloxica (hermafroditismo) coma psicoloxicamente (transexualidade). O termo home pódese utilizar tamén para se referir ao ser humano de maneira xeral, sexa el home ou muller e mais tamén se pode restrinxir para referirse ao ser humano masculino que chegou á idade viril.

Idade e terminoloxía[editar | editar a fonte]

A condición de home está normalmente vinculado ao período da vida após a xuventude, polo menos fisicamente, durante a puberdade. Un neno é unha crianza humana masculina. Para moitos, a palabra home implica un determinado grao de madureza e a responsabilidade que os homes novos en especial non se senten preparados para tal; con todo, tamén pódense sentir moi vellos para seren chamados nenos e por esta razón, algúns evitar empregar home ou neno para describir un home novo, preferindo termos máis coloquiais como rapaz ou mozo.[3]

Os filósofos gregos buscaron durante séculos a definición exacta do que é un home, sendo a máis coñecida a que o describe como "un bípede implume" (dúas pernas e sen plumas). Aristóteles concibiuna cando afirmou que o home é o animal racional. Esa definición serve para ambos os sexos.

O feminismo critica a utilización do vocábulo home como sinônimo de ser humano designando toda a especie. Reivindica o seu uso para significar, exclusivamente, ser humano do sexo masculino.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

A testosterona é unha hormona androxénica propia do macho de moitas especies, que permite desenvolver os músculos do varón con pouco esforzo[4] e é determinante en parte do seu desenvolvemento físico e das características sexuais secundarias.

Sexo masculino[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Aparato reprodutor masculino.
Esquema do aparato reprodutor masculino:
1. Vexiga urinaria 2. Óso pube 3. Pene 4. Corpo cavernoso 5. Glande 6. Prepucio 7. Abertura da uretra 8. Colon sigmoideo 9. Recto 10. Vesícula seminal 11. Conduto exaculador 12. Próstata 13. Glándula de Cowper 14. Ano 15. Vaso deferente 16. Epidídimo 17. Testículo 18. Escroto

O aparato reprodutor masculino garante que o varón teña a capacidade de fecundar o óvulo femenino e nese momento a transmisión da información xenética por medio do espermatozoide. Os órganos sexuais primarios do varón son exteriores, a diferenza dos da muller que son internos. A androloxía é a ciencia que estuda o aparato reprodutor masculino.

Caracteres sexuais secundarios[editar | editar a fonte]

Entre as características secundarias máis comúns que comezan a desenvolverse a partir da puberdade, sen que a súa ausencia vaia en contra da identidade masculina atópanse as seguintes:

Identidade sexual[editar | editar a fonte]

As características biolóxicas descritas non son suficientes para definir a percepción que o propio individuo ten de si mesmo. A materia esténdese ao complexo mundo da psicoloxía humana; chámase identidade sexual e comprende un longo proceso no que se mesturan diversos elementos e a cultura circundante. Nalgúns casos a identidade sexual non coincide coa biolóxica ou xenética.

Saúde, expectativas de vida e mortalidade[editar | editar a fonte]

Tanto varóns como mulleres son vítimas do mesmo tipo de enfermidades que azoutan ao ser humano, mais cada xénero ten unha tendencia maior a un determinado tipo. As enfermidades que máis se acentúan no varón son o autismo, o daltonismo e o alzhéimer, que ataca principalmente na idade madura, mais tamén pode presentarse en varóns novos.

A expectativa de vida masculina, como a feminina, varía considerablemente segundo o desenvolvemento de cada sociedade. Non obstante os estudos estatísticos en moitos países, tanto ricos como pobres, coinciden en que as expectativas vitais da muller son superiores ás do varón nun rango de cinco anos, debido ás circunstancias de cada sexo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para home.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para varón.
  3. Brasil Escola. "Puberdade". Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  4. Gottau, Gabriela (29 de outubro de 2008). "Diferencias entre hombres y mujeres que influyen en el entrenamiento". Vitónica.com. Consultado o 3 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Andrew Perchuk, Simon Watney, Bell Hooks, The Masculine Masquerade: Masculinity and Representation, MIT Press 1995
  • Pierre Bourdieu, Masculine Domination, Paperback Edition, Stanford University Press 2001
  • Robert W. Connell, Masculinities, Cambridge : Polity Press, 1995
  • Violencia Extrafamiliar hacia el varón
  • Warren Farrell, Myth of Male Power Berkley Trade, 1993 ISBN 0-425-18144-8
  • Michael Kimmel (ed.), Robert W. Connell (ed.), Jeff Hearn (ed.), Handbook of Studies on Men and Masculinities, Sage Publications 2004

Outros artigos[editar | editar a fonte]