Conversa:Lavadores, Vigo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Créase en 1836 dentro dun proxecto que pretendía a racionalización e centralización político-administrativa dos concellos da Provincia de Pontevedra. A súa creación supón a desaparición do antigo concello do Fragoso, dividíndose as súas parroquias entre os concellos de Vigo, Bouzas e o agora creado Lavadores. En 1941 anexionase ao concello de Vigo. Durante os 10 primeiros anos da sua vida, formaban parte do concello as parroquias de Santa Cristina (a que é hoxe en día a parroquia de Lavadores), Candeán, Cabral, Beade, Bembrive, Valadares e Zamáns. En 1846 a parroquia de Teis segrégase de Vigo e pasa a formar parte de Lavadores. (Datos obtidos de "Os campesiños de Lavadores" de Isidro Román Lago. Editorial A Nosa Terra, Decembro de 1998)--GzS 16:55, 12 decembro 2007 (UTC)

Parroquia civil vs parroquia eclesiástica[editar a fonte]

Neste e noutros artigos semellantes, cómpre esforzarse en ser claros na diferenciación do que é a parroquia civil e o que é a parroquia eclesiástica, que tenden, a miudo, a confundirse e crear confusión. --. HombreDHojalata.conversa 29 de maio de 2019 ás 10:23 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lavadores, Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de decembro de 2019 ás 12:30 (UTC)[responder]