Independentismo galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castealo foi un dos principais defensores do dereito de autodeterminación de Galicia no s. XX.

O independentismo galego é un movemento político artellado arredor de varios sectores e partidos políticos, que avoga pola independencia política de Galicia respecto do Estado español, e a súa conversión nun estado plenamente libre e soberano.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

A demanda de independencia galega baséase na idea de que Galicia, como unha nación cunha cultura, lingua e identidade diferentes ás de Castela e o resto do Estado Español debe adquirir o status de Estado que lle permita desenvolver unha política propia plena, co fin de salvagardar a súa identidade nacional, cultura, sociedade e intereses económicos propios.

O movemento pola independencia de Galicia é na actualidade moi diverso e abrangue amplos sectores, dende aqueles que formulan un avance gradual cara a independencia a través dunha progresiva recuperación do Goberno, ata os que consideran urxente a inmediata conversión de Galicia nun estado soberano e independente[1]. En 1981, coa recuperación da Xunta de Galicia, -órgano de goberno de Galicia desde a Idade Media e que fora finalmente suprimido no ano 1833 pola monarquía española-, o goberno español cedeu parte dos seus poderes lexislativos, respondendo así o gran pulo do autonomismo galego da transición española. Xunto coa creación dun parlamento democrático e o establecemento dun executivo galego con poderes administrativos, o goberno de Galicia logrou acadar amplas cotas de poder autónomo, pero limitado ao marco da Constitución española de 1978 que establece a indisoluble unidad de la nación española, imposibilitando por tanto a lexislación española, o dereito de autodeterminación de calquera dos territorios do Estado español. O independentismo galego, con todo, considera que Xunta de Galicia e o executivo galego, deben ser tan só un estado intermedio na transición cara a un estado-nación galego plenamente libre e soberano.

Galiza é unha nación, e ningún antifeixista pode negarlle o direito de autodeterminación.

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes históricos[editar | editar a fonte]

Inicios modernos[editar | editar a fonte]

Insignia da Sociedade Nazonalista Pondal, 1929.

A primeira concreción política organizada foi o Comité Revoluzonareo Arredista Galego de Fuco Gómez fundado na Cuba dos anos 1920, mais durante a II República Española non tivo apenas relevancia. Tamén na Arxentina houbo unha asociación independentista chamada Sociedade Nazonalista Pondal, activa sobre todo nos anos 30.

Tamén na Galiza existiu algún movemento independentista nos anos 30, como foi o caso da Vangarda Nazonalista Galega.

O franquismo e os anos 70[editar | editar a fonte]

Bandeira empregada desde a década de 1970 polo independentismo e nacionalismo galego de esquerda.

A comezos da década de 1970, un sector da UPG próximo a Moncho Reboiras tentou organizar a loita armada contra o franquismo seguindo o modelo de ETA, mais rematou coa morte de Moncho Reboiras. En 1978, un sector da UPG escindiuse, constituíndo primeiro a Unión do Povo Galego-liña proletaria e posteriormente o Partido Galego do Proletariado, de carácter independentista, que constituíu unha fronte asemblearia, Galicia Ceibe-OLN, na que se disolvería en 1981. Propiciou a creación do LAR (Loita Armada Revolucionaria), que actuou principalmente contra a construción da autoestrada AP-9, o que provocou a detención de varios dirixentes, entre eles Xosé Luís Méndez Ferrín. Galicia Ceibe-OLN negouse a entrar no BNG durante a Asemblea de Riazor.

O independentismo galego na actualidade[editar | editar a fonte]

Manifestación da FPG no 25 de xullo, Día da Patria, de 1991.

En 1986 o Partido Comunista de Liberación Nacional, escisión independentista da UPG, foi expulsado do BNG por ter apoiado a candidatura de Herri Batasuna durante as Eleccións ao Parlamento Europeo. Xunto a Galiza Ceive-OLN (novo nome da organización) e varios colectivos independentistas, formaron a Frente Popular Galega ao ano seguinte, a principal organización independentista galega desde entón.

Nese contexto apareceu o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, que realizou 90 accións terroristas en seis anos, a última o 13 de setembro de 1991. Como consecuencia morreron 2 activistas, un garda civil e unha rapaza. Foron detidos varias ducias de supostos membros.

Manifestación da APU no 25 de xullo de 1991.

En 1989, o sector próximo a Galiza Ceive-OLN marchou da Frente Popular Galega por diferenzas sobre estratexia e o tratamento dos presos do EGPGC, e creou a Assembleia do Povo Unido (APU). A Frente Popular Galega continúa existindo na actualidade, sendo o principal partido independentista en número de votos. Ten certo apoio social e electoral no Morrazo e conta cun sindicato afín, a Central Unitaria de Traballadores (CUT). A APU auto-disolveuse en 1995 e a súa herdanza foi a organización xuvenil Assembleia da Mocidade Independentista (AMI), creada en 1993.

Outra organización de carácter independentista creada en 1996) no interior BNG é Primeira Linha. Abandonou esa organización en 1999 denunciando a deriva dereitista e autonomista do BNG e a hostilidade da UPG coa corrente independentista. A súa forza estivo centrada nos ambientes estudantís de Compostela e na comarca do Condado. Ao igual que Galiza Ceive-OLN e o resto das organizacións aparecidas a partir da década de 1990, asume os postulados do reintegracionismo lingüístico (a única excepción actual no independentismo é a FPG). Todas estas organizacións son comunistas, se ben o modelo organizativo varía do marxismo-leninismo clásico até o asemblearismo.

Nos últimos anos da década de 1990 formulouse unha proposta, coñecida como Proceso Espiral, que pretendía unificar os numerosos grupos independentistas existentes, todos eles de tamaño reducido e áreas de acción limitadas. En 2001, formouse Nós-UP, que contaba coa AMI como organización xuvenil. O seu traballo céntrase nos centros sociais, a loita da mocidade, o sindicalismo e as organizacións feministas. O afastamento entre Nós-UP e AMI motivou que xurdise outra organización xuvenil, Briga e estudantil, AGIR afíns a Nós-UP.

Manifestación da entidade Causa Galiza, o 25 de xullo de 2009, en Compostela.

Dez membros de AMI e outros colectivos foron detidos en 2005 e dous deles acusados de colocaren unha bomba nun caixeiro automático en Compostela. Ese mesmo ano fíxose pública a existencia dun grupo denominado Resistencia Galega que se ten atribuído varios atentados con bombas de pequeno tamaño.

En 2005 comezaron a formarse outras organizacións dentro do BNG, novamente procedentes en boa parte da UPG, de carácter independentista: o Movemento pola Base e o grupo xuvenil Isca. Contan cunha importante presenza na organización sindical nacionalista CIG.

Na primavera de 2007 apareceu unha plataforma cívica para a reivindicación do dereito de autodeterminación, denominada Causa Galiza. Esta iniciativa foi impulsada principalmente desde as organizacións vinculadas ao independentismo galego máis a participación nela era de carácter individual. Desde algúns sectores do nacionalismo galego esta plataforma foi vista como un intento de reunificación do independentismo, porén, fracasou e anos despois Causa Galiza é o principal partido do independentismo alleo ao BNG, tras a disolución de Nós-UP e AMI.

No ano 2014 a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova celebrou a súa XIII Asemblea Nacional, na cal por primeira vez na súa historia pasaron a defender a independencia nacional de Galicia e a constitución dunha República Galega independente como única vía para acadar a soberanía para o pobo galego.

No ano 2017 tivo lugar a XVI Asemblea Nacional do BNG na cal se recoñeceu abertamente a existencia dentro da fronte de dúas tendencias na concepción do exercicio de autodegerminación: unha delas sería a confederación en pé de igualdade con outros pobos do estado e a outra sería a da independencia. Do mesmo xeito, a Unión do Povo Galego, principal partido integrado dentro do BNG comezou a posicionarse a partir do 2017 a prol da independencia nacional como medio para acadar a soberanía de Galicia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

III Jornadas Independentistas Galegas, organizadas por Primeira Linha en Compostela en 1999. 
Manifestación de NÓS-Unidade Popular no 25 de xullo de 2005. 
Graffiti en Santiago 
Graffiti en Louro, Muros 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galiza combatente 2013,. "CRAG". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]