Isca (política)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isca!
Organización xuvenil de Galiza
Isca!.PNG
Historia
Fundación 2006
Posicións políticas
Ideoloxía Socialismo
Independentismo galego
Comunismo
Feminismo
Ecoloxismo
antiimperialismo
Representación
Representación -
Outros datos
Sede Santiago de Compostela
Publicación Combater e Rebater
Páxina web iscagz.org/

Isca! é o nome dunha organización política xuvenil de ideoloxía nacionalista independentista e de esquerda anticapitalista.

Cartaz de Isca! en 2009.

Organización[editar | editar a fonte]

Constituída o 16 de xullo de 2006 en Santiago de Compostela, en Isca! participa un grupo de militantes escindidos da UMG en xaneiro de 2006, conxuntamente con outros sectores críticos de esquerda dentro de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG e militantes do movemento estudantil nacionalista. A súa primeira aparición pública tivo lugar o 25 de xullo de 2006, día da Patria, na manifestación convocada polo BNG.

Isca! articúlase como organización xuvenil do Movemento Galego ao Socialismo, partido comunista e independentista integrado no BNG.

Obxectivos e actividades[editar | editar a fonte]

Isca defínese como unha "organización xuvenil asemblear e democrática" que "aspira a unir a mocidade revolucionaria galega na loita pola independencia nacional e a superación do capitalismo, pola construción do socialismo e o comunismo". En base a estes obxectivos, leva a cabo diversas actividades de propaganda, formación ou mobilización. Entre as súas liñas de traballo están a defensa do emprego digno na propia terra, a posta por un ensino público, galego e de calidade, o combate ao machismo e o patriarcado, a defensa da lingua e cultura e o pobo galegos ou a solidariedade con outros pobos en loita, como Palestina, Venezuela ou Cuba.

Traballo nos movementos sociais[editar | editar a fonte]

Ademais das campañas propias e do traballo no seo do BNG, a militancia de Isca! dinamiza e participa en colectivos sociais como a Confederación Intersindical Galega ou a Liga Estudantil Galega, organización que contribuiu a fundar. Igualmente, participa do movemento feminista e ecoloxista, no asociacionismo cultural e nos locais sociais nacionalistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]