Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da Bengala unida.
O nacionalismo bengalí (en bengalí : বাঙালি জাতীয়তাবাদ ; Bangali Jatiyotabad) é unha forma de nacionalismo cívico que defende a idea de que os bengalís son unha nación . Este é un dos catro principais fundamentais segundo a Constitución de Bangladesh .[ 1] Ademais, esta idea foi a principal forza impulsora para a creación do estado nación independente de Bangladesh , a través da guerra de liberación de 1971 .[ 2] O pobo bengalí étnico identifícase por ser o falante da lingua bengalí .[ 3] Ademais de en Bangladesh, os bengalís viven nos estados indios de Bengala Occidental , Tripura , Assam e algunhas partes de Jharkhand , o cal se coñece como a Bengala unida durante o período británico . Despois do renacemento bengalí do século XIX, foi o Movemento Nacionalista Bengalí o que durante catro décadas sacudiu a rexión, o cal incluíu o movemento pola lingua bengalí , a guerra de libración de Bangladesh e culminou coa creación de Bangladesh en 1971 .[ 4] [ 2]
Cyriac Maprayil, Bangabandhu Sheikh Mujibur Rahman (2001) ISBN 81-7510-121-0
Anthony Mascarenhas, Bangladesh: A Legacy of Blood ISBN 0-340-39420-X
Mahua Sarkar, Visible Histories, Disappearing Women: Producing Muslim Womanhood in Late Colonial Bengal , (2008) Durham, NC: Duke University Press.
Nitish Sengupta, History of the Bengali-speaking People ISBN 81-7476-355-4
Copf, David (2012). "Bengal Renaissance" . En Islam, Sirajul ; Jamal, Ahmed A. Banglapedia: National Encyclopedia of Bangladesh (Second ed.). Asiatic Society of Bangladesh .
Misra, Chitta Ranjan (2012). "United Independent Bengal Movement" . En Islam, Sirajul ; Jamal, Ahmed A. Banglapedia: National Encyclopedia of Bangladesh (Second ed.). Asiatic Society of Bangladesh .
Sheren, Syeda Momtaz (2012). "War of Liberation, The" . En Islam, Sirajul ; Jamal, Ahmed A. Banglapedia: National Encyclopedia of Bangladesh (Second ed.). Asiatic Society of Bangladesh .
Nacionalismos Pannacionalismos Movementos Conceptos Outros
Nota : As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico .