Mocidade Socialista Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mocidade Socialista Galega
Organización política Mocidade Socialista Galega
Ano fundación 2009
Ideoloxía Nacionalismo galego, Esquerda, Socialismo democrático, Socialdemocracia, Europeísmo, Republicanismo, Altermundismo, Pacifismo, Feminismo
Ámbito Galiza
Secretario xeral Paulo Carlos López
Resp. Organización Ínhigo Ansotegui
Coordinador Estevo Sánchez Gálvez
Textos Textos a debate[1]
Web da organización https://web.archive.org/web/20141218015906/http://msgalega.org/ http://www.maismocidade.zzl.org/
Imaxe:

A Mocidade Socialista Galega, constituída o 25 de abril de 2009[2][3] na cidade de Santiago de Compostela como as mocidades do Espazo Socialista Galego, é unha organización xuvenil integrada no seo de Galiza Nova (Bloque Nacionalista Galego). Máis BNG adóptao, trala súa asemblea constituínte do 21 de novembro, como o seu referente no ámbito de mocidade.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

A MSG é unha organización política da mocidade nacionalista e de esquerdas, cun carácter socialista, republicano e democrático. Os seus principios ideolóxicos básicos son o nacionalismo galego, a socialdemocracia, a autodeterminación cara a consecución dun Estado propio, o republicanismo e a democracia participativa, o europeísmo (a Europa dos pobos), a defensa da lingua galega, ecoloxismo, laicismo e feminismo, entre outros.

Organización[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2010 conta con 220 militantes, sendo o seu máximo órgano decisorio o Consello Nacional.[4] Paulo Carlos López é o seu secretario xeral. Ten forte presenza no ámbito universitario, participando moitos dos seus afiliados no sindicalismo estudantil, ben sexa nos Comités ou en asembleas abertas de estudantes.

Galiza Nova[editar | editar a fonte]

A Mocidade Socialista Galega participa de Galiza Nova, xuventudes do BNG. Na XI Asemblea Nacional, celebrada o 24 e 25 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela, auspiciou a Plataforma Entre tod@s, Galiza Nova [5][6], encabezada por Ínhigo Ansotegui e acadando o 20% dos votos e cinco membros na Dirección Nacional (Ínhigo Ansotegui, Rocio Sampaio, Paulo Carlos López, Angel Tallón e Balbina Gándara) e dous na Comisión Permanente [7]. A súa proposta política é a de acadar unha Galiza Nova máis combativa, plural e operativa, baixo a premisa de apertura do nacionalismo galego á sociedade.

Actividades[editar | editar a fonte]

Dende a súa constitución formal edita a revista Alborada [8]. No seu primeiro número para o Día da Patria Galega 2009 contou cos destacadas colaboracións, como a cabeza de lista do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda; o doutor en xornalismo especializado Luis Álvarez Pousa e a deputada do BNG Teresa Táboas, entre outros.

A finais do 2009 desenvolveu unha campaña na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade da Coruña [9] sobre a participación sociopolítica da mocidade galega [10][11][12] a partir dun estudo realizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia no ano 2007. Tamén realizou outras actividades, como a edición de axendas de formación, e campañas sobre vivenda, emprego ou identitarias, sacando á rúa un DNI galego [13].

Referentes internacionais[editar | editar a fonte]

Entre os seus referentes estatais e internacionais están as Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya, organización ligada a ERC, Gazte Abertzaleak, xuventudes de Eusko Alkartasuna (EA), os Joves da Esquerra Nacionalista (Partit Socialista de Mallorca), a SNP-Youth (Scottish National Party), ademais da propia Alianza Libre Europea de Mozos (EFAY).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Textos a debate na Asemblea Nacional Constituínte[Ligazón morta]
  2. A MSG nace coa idea de refrescar o discurso de Galiza Nova
  3. "no acto de clausura o 25 de abril". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 06 de febreiro de 2010. 
  4. A MSG asigna os seus postos de dirección[Ligazón morta]
  5. "web da Plataforma Entre Tod@s, Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2010. Consultado o 06 de febreiro de 2010. 
  6. "política da Plataforma Entre Tod@s, Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 06 de febreiro de 2010. 
  7. "da Plataforma da XI Asemblea Nacional de Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 06 de febreiro de 2010. 
  8. Número 1 da revista Alborada[Ligazón morta]
  9. Cartel do grupo da UdC[Ligazón morta]
  10. "Aymerich, Teresa Táboas, Paulo Carlos López e Xoán Bascuas con estudantes da USC". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 06 de febreiro de 2010. 
  11. "Aymerich e Xosé Manuel Beiras, na Facultade de Informática da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 06 de febreiro de 2010. 
  12. "mozos e mozas no acto da Mocidade Socialista Galega na Coruña". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 06 de febreiro de 2010. 
  13. DNI galego