Nacionalismo bosníaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira da República de Bosnia e Hercegovina (1992–1998). Esta bandeira converteuse nun símbolo importante para a nación bosníaca.

O nacionalismo bosníaco (en bosníaco: bošnjaštvo) é o nacionalismo que afirma que os bosníacos son unha nación e promove a identidade e unidade cultural dos bosníacos.[1] Tanto no pasado coma no presente, o nacionalismo bosníaco baseouse en gran parte nun enfoque para preservar a integridade territorial de Bosnia e Hercegovina e para garantir a unidade nacional e cultural e os dereitos dos bosníacos.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O máis antigo vestixio da identidade bosníaca procede da Bosnia medieval e carecía de calquera connotación relixiosa. A situación mantívose inalterada durante todo o período otomán, con termos como "Boşnaklar", "Boşnak taifesi", "Bosnalı takımı", "Bosnalı kavmi"[3] (todos os cales queren dicir "o pobo bosníaco") sendo usados para describir aos bosníacos nun sentido rexional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jack David Eller. From culture to ethnicity to conflict: an anthropological perspective on international ethnic conflict. University of Michigan Press, 1999. Pp. 262.
  2. Motyl 2001, pp. 57.
  3. Babuna, Aydın (1996). Die nationale Entwicklung der bosnischen Muslime. Frankfurt: Peter Lang. p. 32. ISBN 3-631-47740-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]