Saltar ao contido

Nacionalismo nixeriano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nacionalismo nixeriano
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0j66x9k Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Bandeira de Nixeria.
Herbert Macaulay, o fundador do nacionalismo nixeriano.

O nacionalismo nixeriano é un movemento político nacionalista que defende que os nixerianos forman unha nación e promove a súa unidade cultural.[1][2] O nacionalismo nixeriano é un nacionalismo territorial, que enfatiza a conexión cultural da xente coa terra, en particular os ríos Níxer e Benue.[3] Xurdiu por primeira vez na década de 1920 baixo a influencia de Herbert Macaulay, quen é considerado o fundador do nacionalismo nixeriano.[4] Foi fundado en base á necesidade de que as persoas que vivían na colonia británica de Nixeria, que tiñan de múltiples orixes culturais e étnicas, se unisen como un só pobo para poder resistir o colonialismo.[5][6] Os pobos de Nixeria uníronse para responder ás discrepancias coa política británica. "O problema do nacionalismo étnico en Nixeria veu coa chegada do colonialismo. Isto ocorreu cando grupos dispares, autónomos, heteroxéneos e subnacionais se fusionaron para formar unha nación. De novo, os colonialistas crearon desequilibrios estruturais dentro da nación en termos de proxectos socioeconómicos, desenvolvemento social e estabelecemento de centros administrativos. Este desequilibrio afondou as antipatías entre as diversas nacionalidades étnicas en Nixeria (Nnoli, 1980; Young, 1993 e Aluko, 1998)."[7] O obxectivo dos nacionalistas nixerianos de lograr a independencia para Nixeria como estado soberano conseguiuse en 1960, cando Nixeria declarou a súa independencia e rematou o dominio colonial británico.[1] Dende entón, o goberno de Nixeria intentou unificar os distintos pobos e rexións de Nixeria nun único sentimento nacional.[1]

  1. 1 2 3 Motyl 2001, pp. 372.
  2. ↑ Luke Uka Uche. Mass media, people, and politics in Nigeria. Concept Publishing Company, 1989. Pp. 23-24
  3. ↑ Guntram H. Herb, David H. Kaplan. Nations and Nationalism: A Global Historical Overview. Santa Barbara, California, USA: ABC-CLIO, Inc., 2008. Pp. 1184.
  4. ↑ Luke Uka Uche. Mass media, people, and politics in Nigeria. Concept Publishing Company, 1989. Pp. 23
  5. ↑ Luke Uka Uche. Mass media, people, and politics in Nigeria. Concept Publishing Company, 1989. Pp. 23-24
  6. ↑ Toyin Falola, Saheed Aderinto. Nigeria, nationalism, and writing history. Rochester, New York, USA: Rochester University Press, 2010. Pp. 256.
  7. ↑ Alulo, M.A.O. "Ethnic Nationalism and the Nigerian Democratic Experience in the Fourth Republic" (PDF).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]