Saltar ao contido

Sindicato Obreiro Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Sindicato Obreiro Galego
 Instancia de
Características
 Ideoloxía política
Datas
 Fundación / creación
1975 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1977 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Localización
 Área de operación
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/012k_1r0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 186562
Wikidata

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo[1] e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Fundouse en maio 1975 cando o Fronte Obreiro da UPG decide transformase nun sindicato.[2] Formou parte da AN-PG. En abril de 1976 realizou a súa primeira Asemblea Xeral. Desapareceu en marzo de 1977 para dar paso á Intersindical Nacional Galega (ING) ao unificarse cos sindicatos nacionalistas e de clase de rama UTEG (Unión dos Traballadores do Ensino de Galiza), a STGM (Sindicato Traballadores Galegos do Mar), a STGAP (Sindicato dos Traballadores Galegos da Administración Pública), o UTSG (Unión dos Traballadores da Sanidade de Galiza) e a UTBG (Unión dos Traballadores da Banca de Galiza).

  1. "Publicacións - Fundación Moncho Reboiras". www.fundacionmonchoreboiras.gal. Consultado o 2022-10-26.
  2. Radio Fene (2009-05-08). "O Sindicato Obreiro Galego, berce da CIG". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. Consultado o 2022-10-26.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • VVAA (2009). Moncho Reboiras. O nacionalismo nos 70. Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
  • Dionisio Pereira, Uxío-Breogán Diéguez e Bernardo Máiz (2010). Síntese histórica do movemento obreiro galego, das orixes até 1984. FESGA, A Coruña.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]