Intersindical Nacional Galega
Intersindical Nacional Galega | |
---|---|
![]() | |
Tipo | sindicato |
Ideoloxía | nacionalismo galego |
Data de fundación | 1977 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |

Votar NON á constitucion por antigalega e antiobreira da ING. Vigo, 1978.
A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato galego nacionalista e anticapitalista que se formou en marzo de 1977[1] da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.[2]
Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Avantar - CIG: Confederación Intersindical Galega". Arquivado dende o orixinal o 07.07.2016.
- ↑ "Constituida la Intersindical Nacional Galega | Economía | EL PAÍS" (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Beramendi, X. G; Núñez Seixas, X. M. (1996). O nacionalismo galego. A Nosa Terra, Vigo.
- Beramendi, X. G. (2007). De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Xerais, Vigo.
- Manuel Anxo Fernández Baz (2003). A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Laiovento.