Partido Galego Social Demócrata
Partido Galego Social Demócrata (PGSD) | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Xosé Luís Fontenla Rodrigues e Alfonso Zulueta de Haz |
Historia | |
Fundación | 1974 |
Disolución | 1978 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Socialdemocracia Federalismo |
O Partido Galego Social Democráta (PGSD) foi un partido nacionalista galego.
Fundouse co nome de Unión Social-Demócrata Galega en marzo de 1974, dirixido por Xosé Luís Fontenla Rodrigues e Alfonso Zulueta de Haz. Era partidario da autodeterminación co fin de integrarse posteriormente nun Estado Federal. A súa ideoloxía defendía un socialismo democrático, humanista, personalista e comunitario [1]
Tan só tivo algunha implantación nas cidades. Formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas (1976), abandonándoo xunto coa UPG en 1977 por discrepancias sobre o diálogo coas forzas estatais.
Con todo o PGSD abandonou logo da elección de Zulueta de Haz[2] en marzo de 1977 como principal dirixente os postulados máis esquerdistas, aceptando a autonomía. Formaban tamén parte da dirección Avelino Pousa Antelo, Xosé Manteiga Pedrares Quico Domínguez e Ramón Barral. Achegouse ao Partido Popular Galego, de ideoloxía demócratacristiana, co que participou nas eleccións xerais de 1977. Os malos resultados 23.014 votos (2'04%) propiciaron a formación dun novo partido, formado polo PGSD e o PPG, co nome de Partido Galeguista e a desaparición do PGSD
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Beramendi, J. e Núñez Seixas, Xosé Manuel. O Nacionalismo Galego, Edicións A Nosa Terra, Vigo, 1995, pax 241
- ↑ Manuel Antonio Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Santiago, 2003, páx. 64
![]() |
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |