Katarismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wiphala, bandeira de Qulla Suyu dende 2009.

O katarismo (en quechua: katariy) é un movemento político en Bolivia que recibe o nome do dirixente indíxena do século XVIII Túpac Katari. A súa formulación, sumada ao indixenismo, son o sustento ideolóxico e organizativo dos procesos de emerxencia indíxena desenvolvidos dende a década de 1970 e teñen o seu punto culminante nas mobilizacións contra as políticas neoliberais dos anos 2000 ao 2005, que levaron á presidencia de Bolivia ao dirixente Evo Morales. As formulacións indianistas e kataristas foron parcialmente incorporados na nova Constitución política do Estado boliviano de 2009 e no discurso oficial do goberno de Morales formulados como o «vivir ben» e o «estado plurinacional», mais non foron plenamente realizados.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

O movemento katarista empezou a articularse publicamente a comezos dos anos 1970 recuperando a identidade política do pobo aimará. O movemento centrouse en dúas claves que o legado colonial permitiu nas repúblicas latinoamericanas despois dos procesos de independencia e que a poboación indíxena constitúe a maioría demográfica (e así esencialmente, política) en Bolivia.[2] O katarismo fai visible a dobre opresión dos pobos indíxenas de Bolivia as de clase (no marxista, sentido económico) e opresión étnica.[2]

A reforma agraria de 1953 facilitou o acceso aos estudos universitarios na Paz nos anos 1960 a un grupo de mozos aimarás. Na cidade afrontaron prexuízos, e empezou a emerxer o pensamento katarista entre o alumnado. Estaban inspirados na retórica da revolución nacional así como por Fausto Reinaga, escritor e fundador do Partido Indio de Bolivia.[2] O grupo creou o Movemento Universitario Julián Apaza, MUJA, organizado ao redor de demandas culturais como a educación bilingüe. O seu principal líder foi Genaro Flores Santos (quen en 1965 regresou ao campo para dirixir a loita dos campesiños). Outra figura prominente foi Raimundo Tambo.[3]

En 1971, no Sexto Congreso Nacional Labrego, o congreso da Confederación Nacional de Labregos, o katarismo emerxeu como a maior forza de oposición ás forzas a prol do goberno.[3] En 1973, no masacre de Tolata (no que foron asasinados polo menos 13 labregos quechuas) o movemento katarista radicalizouse.[4] Tralo masacre, os kataristas emitiron o Manifesto Tiwanaku de 1973 denunciando a explotación económica do pobo quechua e o seu opresión cultural e política. Nesta visión, a conciencia de clase campesiña e a conciencia étnica aimará e quechua eran complementarias porque vían ao capitalismo e ao colonialismo como a raíz da explotación.

Desenvolvemento político[editar | editar a fonte]

1970-1980[editar | editar a fonte]

Felipe Quispe, "Mallku".

O katarismo logrou un importante avance político a finais de 1970 a través do rol que xogaron os seus líderes na Confederación Sindical Única de Traballadores Campesiños de Bolivia (CSUTCB). Os kataristas empuxaron ao sindicato a comprometerse máis co indixenismo. Finalmente produciuse unha división dos kataristas en dous grupos: o primeiro, máis reformista, foi dirixido por Víctor Hugo Cárdenas, quen máis tarde foi vicepresidente de Gonzalo Sánchez de Lozada, encabezando os esforzos por institucionalizar un multiculturalismo dirixido polo estado neoliberal, un segundo grupo articulou o camiño do nacionalismo aimará creando a póla política do movemento: o Movemento Revolucionario Tupaj Katari (MRTK).[2] Esta corrente radical do katarismo estivo representada por Felipe Quispe (alias Mallku), quen participou na fundación da guerrilla Exército Guerrilleiro Túpac Katari nos anos 1980.[5] Este grupo máis tarde converteríase no MIP (Movemento Indíxena Pachakuti), o cal se situou nunha crítica aberta ao neoliberal Consenso de Washington e expuxo a unión ao redor da solidariedade étnica. Quispe defendeu a creación dun país soberano novo, a República de Quillasuyo, que leva o nome dunha das catro rexións do antigo imperio onde os incas conquistaron aos aimarás. O actual vicepresidente de Bolivia, Álvaro García Linera, foi membro deste grupo.

A organización katarista quedou debilitada institucionalmente nos anos 1980. Neste contexto as ONG empezaron a apropiarse dos símbolos kataristas. Partidos populistas, como Conciencia de Patria (CONDEPA) tamén empezou a integrar os símbolos kataristas no seu discurso.[6]

1990 - presente[editar | editar a fonte]

Despois de que o Movemento Nacionalista Revolucionario (MNR) incorporase propostas do katarismo no seu programa durante a campaña electoral de 1993, outros partidos fixeron o mesmo, entre eles de maneira notable o Movemento de Esquerda Revolucionaria.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Escárzaga, Fabiola (1 de xaneiro de 2012). "Comunidad indígena y revolución en Bolivia: el pensamiento indianista-katarista de Fausto Reinaga y Felipe Quispe". Política y cultura (37): 185–210. ISSN 0188-7742. Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Sanjinés 2004, p. 160
  3. 3,0 3,1 Stern 1987, pp. 390-391
  4. Van Cott 2007, p. 55
  5. Sanjinés 2004, p. 163
  6. Van Cott 2007, p. 84
  7. Van Cott 2007, p. 85

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]