Nacionalismo cantonés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da provincia de Guangdong, na China.

O nacionalismo cantonés (cantonés: 廣東獨立運動; jyutping: Gwong2-dung1 duk6-laap6 wan6-dung6; Yale: Gwóngdūng duhklaap wahnduhng) é un movemento político nacionalista que promove e defende a indentidade cantonesa e a posible independencia da provincia de Guangdong da República Popular da China. Este movemento pretende estabelecer unha entidade política independente e autónoma. Na China moderna, esta idea foi proposta, entre outros, polos seguidores de Kang Youwei e Ou Jiajia. Os seguidores de Kang Youwei posteriormente desbotaron esta idea. No seu libro "New Guangdong", Ou Shi expuxo a idea de estabelecer "Guangdong de Guangdong". En 1911, produciuse a revolución de Xinhai. A finais de outubro de 1911, os membros da alianza de Guangdong, Chen Jiongming, Deng Jun e Peng Ruihai organizaron sublevacións dun exército civil en todo Guangdong. O 9 de novembro, Chen Jiongming levou ás súas tropas a restabelecer Huizhou. Ese mesmo día, Guangdong anunciou a independencia e estabeleceu o goberno militar de Guangdong da República da China. O 1 de xaneiro de 1912, estabeleceuse a República da China, e Guangdong converteuse nunha provincia máis da nova república. Nos primeiros anos da República da China, a provincia de Guangdong elaborou o "borrador da provincia de Guangdong". Este estaba inspirado na idea das provincias autónomas. O proxecto foi aprobado pola Asemblea Provincial de Guangdong o 19 de decembro de 1921. Porén, esta proposta para a futura planificación da provincia de Guangdong non recibiu o apoio suficiente e foi desbotada ao intervir as forzas soviéticas no Extremo Oriente e ter o KMT e o Partido Comunista que marchar cara ao norte.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Liu De Hua; Liu Xueling. "辛亥前期欧榘甲革命自立主张探析——以《新广东》为中心". 南方职业教育学刊: 40–47. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]